Denuncian que o parque eólico de Laxe apenas terá repercusión económica na comarca xerando só 1,5 postos de traballo


Continuamos intentando aportar algo de luz aos sempre escuros proxectos eólicos, nos que a falat de información aos veciños é sempre unha das razóns da xeración de polémica. O proxecto Pena Forcada Catasol II, que afecta aos concellos de Laxe, Cabana e Zas, é un claro exemplo, por varias razóns: esqueceu que o Concello de Laxe e as asociacións declararon o Concello “libre de eólicos”, está formulado cunha tramitación fragmentada dos proxectos de Mouriños e Pena Forcada a pesar de estar moi cercanos; foi Declarado de Interese prioritario gracias á polémica Lei de Depravación de Galicia; a veciñanza presentou alegacións á UE; ten unha afección directa a 22 elementos patrimoniais, e, por se fora pouco, comezaron as obras antes de obter a licenza.
Ademais de todos estes datos, Gas Natural Fenosa vén recoñecer na súa memoria varias cifras que fan reevaluar o balance entre impacto ambiental e repercusión socio-económica para a bisbarra.
31.000€ en impostos municipais e 0 euros de canon eólico
A empresa enerxética aboará 31.000 euros anuais, a repartir entre os tres concellos, como consecuencia do pagamento de impostos e taxas. 275.373 euros serán repartidos entre os tres concellos polas taxas das licencias de construción. O número de parcelas afectadas son 272, referidas ao parque e á liña de evacuación.
1,5 empregos directos

O emprego, que sempre é outro dos argumentos para esta clase de infraestruras, parece unha razón de pouco peso, pois se ben haberá preto de 100 empregos durante a construción do parque, en realidade a tasa de creación de emprego durante os 25 anos de explotación do parque é de 1,5 de empregos directos
Como repercute nos veciños afectados?

Xa fixemos unha estimación de como repercuten estes parques nos Concellos. Pero como o fai nos propietarios. Baseado nos propios datos da memoria, e tendo en conta que hai 272 parcelas afectadas, o gasto en arrendamentos para as parcelas afectadas polo parque como as parcelas afectadas polas liñas de evacuación fan unha media de beneficio por propiedade por 25 anos de ocupación ou 4,6 euros/ano de beneficio por propiedade, o que resulta unha cantidade irrisoria e incluso unha burla, se temos en conta os beneficios que factura ao ano o sector eólico, por enriba dos 600 millóns de euros anuais.
Artigos relacionados
- O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo.
- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
Novas eólicas
- 19-07-18: Sae a exposición pública o Parque Monte Toural, a terceira parte do megaproxecto eólico que afecta a Carballo, Coristanco e Santa Comba.
- 17-07-18: O BNG de Coristanco alega e informa sobre os novos proxectos eólicos.
- 10-07-18: ADEGA denuncia a tramitación fraudulenta e a ameaza á flora endémica dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural.
- 09-07-18: O BNG de Coristanco enfróntanse aos tres novos parques eólicos que invadirán a comarca.
- Xullo 18: Denuncian o comezo das obras do Parque Eólico de Laxe antes de obter a licenza.
- Xuño 18: O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo.
- Xuño 18: Os 22 elementos patrimoniais que afectan, pero non impiden, o Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol.
- Abril 18: Tres novos parques eólicos da comarca declarados “interese especial”.
- Abril 18: Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme.
- 15-02-18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte
- 09-02-18: Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca.
- 05-02-18: Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia.
- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 17: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 17: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Setembro 16: Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
- 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- 2011: Aprobado o parque eólico no Alto da Croa.
Máis novas
- Historia da Enerxía Eólica na Costa da Morte: Pioneiros en todo.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).