mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Deputación volve financiar o mantemendo de actividades do dolmen de Dombate

Guadi Galego no Dolmen de Dombate polo 25N
Imaxe dun concerto de Guadi Galego no Dolmen de Dombate polo 25N
A Deputación volve financiar o mantemendo de actividades do dolmen de Dombate

62 184 euros pon, un ano máis, a Deputación da Coruña para manter vivo o Dolmen de Dombate. Unha achega que permite manter o servizo de atención a visitantes e as actividades culturais complementarias de posta en valor de Dombate e a cultura megalítica dese concello da Costa da Morte. 

Estas son as actividades que se desenvolverán ao longo do ano 2025:

  • Campaña de visitas escolares e obradoiros de prehistoria. A visita guiada será en Dombate adaptada ás idades do alumnado, con proxección de documentais e lectura de textos literarios.
  • Xornadas, charlas, presentacións, visitas especiais, ás se convidarán a especialistas dos eidos da ciencia, a arqueoloxía ou a literatura.
  • Celebración da primavera en Dombate, que inclúe actividades de música, teatro ou xogos populares, nun ciclo que rematará o 21 de xuño co solsticio de verán.
  • Visitas teatralizadas, que ofrecerán unha representación dramática adaptada ao xacemento e aos visitantes. Prográmanse en dúas sesións, os sábados de xullo e agosto, ás 11.30 e ás 13 horas. Haberá tamén visitas especiais abertas a veciños e veciñas e visitantes para que coñezan Dombate desde outro punto de vista.
  • Verán en Dombate: actividades de música, concertos ‘con encanto’, teatro, monicreques, contacontos, xogos populares, etc.
  • Ruta e Noite das Estrelas. Actividade xa habitual no verán cabanés e de grande poder de convocatoria, que consiste nunha ruta circular con inicio e fin no aparcadoiro de Dombate e que sube ao monte de Borneiro para contemplar a “chuvia” de Perseidas na noite de San Lourenzo.
  • Masterclass musical en Dombate: clase maxistral e concerto de música clásica ou tradicional que se leva a cabo na zona verde do Centro Arqueolóxico.
  • Outono en Dombate. Inclúe actividades de música, teatro, monicreques, contacontos, xogos populares, exposicións e a ruta máxica do Samaín, para celebrar a chegada do outono a Dombate.

Comentarios