Dombate acolle a presentación do libro de Félix Neira sobre os Encantos de Bergantiños

11:25 26/01/23
O Dolmen de Dombate acollerá este sábado, 28 de xaneiro e ás 18:00 horas, a presentación do libro ‘Misterios e encantos de Bergantiños’, de Juan Félix neira e coa participación do alcalde, José Muiño; Eduardo Grela, propietario do Cipranillo de Beres Matilde Vilariño, poeta popular de Dombate e Xosé Manuel Varela, director da colección ‘Costa da Morte’.
Estará en exposición o documento orixinal do Ciprianillo de Beres, que poderán contemplar as persoas asistentes.