Dombate en 3D

O Centro Arqueolóxico de Dombate contará cunha novidade interesante de cara á mellorar as visitas. A Deputación da Coruña vén de anunciar o investimento de 125.000€ para incorporar realidade virtual e proxeccións en 3D. O proxecto licitarase proximamente por procedemento aberto, e as actuacións afectaran aos elementos de información histórica, sinaleptica, sala de usos, audiovisuais e incorporarase novas tecnoloxías como realidade virtual ou proxeccións en 3D.
"Con esta reforma pretendemos dende as areas de Turismo e de Patrimonio actualizar un recurso histórico e artístico que forma parte da nosa historia milenaria pero facilitando o acceso a información e ao patrimonio dunha forma moito máis actualizada e acorde coa nova realidade", destacou o deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas.
O Faro do megalitismo
”O Dolmen de Dombate como eixo do noso patrimonio e como faro de todo o megalitismo do País precisa contar cun museo a altura do propio monumento, é unha reforma e actualización que xa tocaba e que pretende en definitiva achegar o monumento a moita máis xente aínda”, sinalou.