Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga

Folga centro de dia Cabana
As traballadoras do Centro de Día Cabana póñense en folga
Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga

As traballadoras do Centro de día de Muros foron as primeiras en avisar. Pero a folga que hoxe desenvolven os traballadores temporais do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar vaise notar en toda a bisbarra. As profesionais do Centro de Día de Cabana de Bergantiños farán o propio, como tamén as das Escolas Infantís de Galiña Azul de Carnota, Cabana, Carballo, Ponteceso ou Muros.

Trátase dunha folga indefinida d@s traballador@s temporais dos equipamentos dependentes do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, xa que a Xunta pretende solucionar un erro que leva arrastrando durante 13 anos a conta das propias traballadoras. Malia acceder aos postos de traballo por sistemas legais, levan 13 anos con contratos temporais, demostrando un abuso laboral reiteira, e “agora, en vez de facer o posible para que os nosos contratos sexan fixos, pretenden botarnos a rúa”, denuncian. “E o fan no peor momento dunha pandemia na que todas estamos en primeira liña. Así nolo pagan”.

Inciden en que “a Xunta debería dar unha solución xusta e ponderada a un problema que eles mesmos xeraron”, lembran que hai “numerosas sentenzas xudiciais nacionais recoñecen o abuso ao que levamos condenadas dende fai máis dunha década”, e lamentan a intención de “tirar ao lixo tantos anos de traballo e experiencia“

Así, as traballadoras de todos estes centros, amparadas pola Asociatem, comezan hoxe, xoves 18, a folga indefinida durante toda a xornada, e se ampliará durante os xoves seguintes con paróns de 8,00 a 11,00 da maña.

 

Novas relacionadas

Comentarios