Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O entroido volveu encher o pavillón cabanés

ENTROIDO_CABANA_2-min (1) copia
O entroido volveu encher o pavillón cabanés

O entroido encheu o pavillón municipal de Cabana de diversión, disfraces e moita troula. O festexo iniciado desde primeira hora da tarde congregou no espazo deportivo tanto a pequenos como a maiores para gozar dunha das tradicións máis sobranceiras da cultura galega.

A xornada vespertina abrírona diversas actividades como xogos;  unha gran festa con inchables; música; e a degustación dos doces elaborados nas panaderías do municipio. Máis tarde, deu comezo unha das actividades máis agardadas polo público, o concurso de comparsas, que reuniu no recinto diversas propostas tanto de actualidade como outras máis clásicas.

Os máis cativos gozaron tamén dunha pasarela de disfraces infantil con merenda de balde para os participantes, e a xornada deu remate baixo o ritmo do dúo ‘Primera Fila’.  

ENTROIDO_CABANA_3-min copia

ENTROIDO_CABANA_1-min copia

Comentarios