Martes. 14.05.2024
El tiempo

Indignación pola factura da auga en Cabana

Indignación pola factura da auga en Cabana
Unha billa pingando dez gotas de auga por minuto supón 2.000 litros ao ano

Os veciños de Cabana de Bergantiños revolucionanse polas novas facturas da auga no concello. Así nolo contan os membros da Asociación de veciños San Estevo de Cesullas, que amosan as súas queixas:

Dende o pasado ano 2012 os veciños de Cabana de Bergantiños non contaban con empresa que se encargara do suministro ás casas. O pasado mes de maio unha nova empresa fíxose cargo da mesma e comenzaron a facturar o gasto acaecido ata ese momento ademáis das novas facturas trimestrais.

Ata aquí, todo normal, a sorpresa prodúcese o ver as cifras tan elevadas do consumo trimestral, posto que moitos veciños ven duplicadas ou incluso triplicadas as facturas que pagaban ca anterior compañía. E isto non é todo, moitos veciños pagan o alcantarillado a pesar de que moitos dos mismos non disfrutan de el.

Tras realizar numerosas protestas, os veciños un por un, reunironse co alcalde do municipio quen tratou cada caso en individual, pero a indignación dos cabaneses segue xa que as explicacións que dou non convencen a case ningún dos veciños.

Por este motivo, a asociación de veciños San Estevo de Cesullas comenzou una serie de procedementos para facer más forza cas protestas. Así o próximo sábado día 14 de decembro dedicaranse a recollida de firmas no local social de Neaño para realizar as reclamación pertinentes, facendo así un chamamento tanto a socios coma non socios para expresar a súa indignación.

Novas relacionadas

Fonte

  • AA VV San Estevo de Cesullas.

Comentarios