Mércores. 24.04.2024
El tiempo

"O medio circundante á mina de Corcoesto sería insalubre"

"O medio circundante á mina de Corcoesto sería insalubre"
Serafin Garcia da Sociedade Galega de Historia Natural

Serafín García fala coa calma e a precisión dun científico que busca facer moi intelixíbeis os seus argumentos. O presidente da SGHN -entidade independente e científica para o estudio e conservación do medio- é un das voces máis críticas co proxecto de mina en Corcoesto.
Durante a conversa no seu lugar de traballo -un laboratorio do Centro Superior de Investigación Científicas (CSIC)- o experto e voceiro da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) admite que entre os seus colegas houbo opinións a favor e en contra da mina, pero deixa claro que unicamente se pronunciaron a favor os científicos contratados pola empresa canadiana.

Unhas entrevistas que forman parte do proxecto Miriades "Rosa de Corcoesto".

  • GC: Que lle parece que o proxecto se pare por motivos económicos e non medioambientais?

Os altos niveis de arsénico detectados o ano pasado serían motivo dabondo para parar o proxecto. Sen embargo, a Xunta estivo agardando e agora enterámonos que o proxecto non é só medioambientalmente malo, senón tamén é malo no eido técnico e financeiro. A Xunta recoñece as insuficiencias técnicas e económicas, pero posiblemente o que nunca vaia recoñecer sexa as insuficiencias medio ambientais e tamén os motivos produto da enorme mobilización cidadán dos últimos doce meses. En Change.org recollemos case un millón de sinaturas e houbo manifestacións multitudinarias.


  • GC: Que lle parece que o proxecto se pare por motivos económicos e non medioambientais?

Os altos niveis de arsénico detectados o ano pasado serían motivo dabondo para parar o proxecto. Sen embargo, a Xunta estivo agardando e agora enterámonos que o proxecto non é só medioambientalmente malo, senón tamén é malo no eido técnico e financeiro. A Xunta recoñece as insuficiencias técnicas e económicas, pero posiblemente o que nunca vaia recoñecer sexa as insuficiencias medio ambientais e tamén os motivos produto da enorme mobilización cidadán dos últimos doce meses. En Change.org recollemos case un millón de sinaturas e houbo manifestacións multitudinarias.


  • GC: GC: Fala do problema do arsénico, que o proxecto contempla nun uso intensivo. Sería seguro vivir preto da mina de usaren tanto arsénico?

Os niveis naturais de arsénico na zona son até oito veces superiores aos niveis de risco natural segundo os informes da Universidade de Santiago encargados pola Xunta. Os veciños que vivisen na contorna ían a estar nun medio insalubre, posto que para extraer o mineral vanse empregar enormes voaduras, cada unha das cales é quen de remexer até 38.000 metros cúbicos de rocha, dabondo para cargar 2.000 camións dos que circulan polas estradas. Iso inevitablemente xera po, moito po, que inevitablemente, sabémolo por outras minas, vai se arrastrado fóra da explotación mineira polo vento. As vivendas máis próximas van a recibir ese po, que pode conter até un cuarto de quilo de arsénico por tonelada. E iso vaise depositar sobre as plantas, vai caer sobre as vivendas e vai ser respirado polas persoas. Sen ningunha dúbida o medio circundante á mina vai ser insalubre.


  • GC: Daquela na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada ese risco non está medido?

O risco derivado do arsénico está infravalorado no estudio. Non se tivo en conta os problemas derivados do po na súa verdadeira dimensión, nin o feito que os mananciais da zona xa están arestora cuns niveis moi elevados de arsénico. Con motivo da explotación, vai aumentar a solubilidade do arsénico. A mina dará lugar a que se trituren 122 millóns de toneladas de rocha e a que 8.400 toneladas de arsénico fiquen moidas como a fariña. Os niveis de arsénico na zona xa son elevados, se os aumentamos, vai haber un risco máis elevado para os ecosistemas acuáticos e a poboación.


  • GC: O proxecto está parado pero a DIA ten unha validez de cinco anos. Por que piden a anulación da DIA?

Levamos 10 meses pedíndoa porque é errada e non tivo en conta todos os riscos. Debería ser derrogada xa. Se agora se rexeita a mina, de acordo con algúns xuristas, tamén caen polo seu peso todos os procedementos previos na súa tramitación. De acordo a esta interpretación, feita dende a oficina do Valedor do Pobo, a DIA xa estaría anulada. Se a empresa presenta un proxecto novo, tería que realizar unha nova DIA.


  • GC: Cal foi o papel da comunidade científica galega neste debate?

O papel foi decisivo, determinante. O cambio no resultado final non sería posíbel sen a información do riscos do arsénico.


  • GC: Pero houbo varios informes en contra da mina aínda que tamén varios a favor...

Hai que diferenciar. Hai varias publicacións científicas previas ao inicio do proxecto -publicadas en moi prestixiosas revistas científicas internacionais e avaliadas por expertos- sobre os niveis de arsénico na zona. Ademais hai un estudio feito pola Universidade de Santiago e encargado pola Xunta respecto aos niveis a partir dos que hai que ter prudencia sobre metais pesados e outros elementos traza. Esta tamén é unha información científica independente financiada con fondos públicos. Todo isto está en contra. A favor está un informe encargado e pagado pola empresa e feito por un profesor da Universidade da Coruña. Todo o mundo sabe que "o cliente sempre ten a razón". Sabemos que a empresa ten un informe favorábel, non sabemos cantos desfavorábeis ten que non fixo públicos. Insisto, hai que diferenciar a información independente pagada con cartos públicos fronte á información interesada.


  • GC: Que argumento usaría para tratar de convencer aos veciños e alcaldes que están a prol da mina?

É pan para hoxe e fame para mañá. Fálase de 270 postos de traballo -non sabemos se a xornada completa ou non- por un período máximo de entre 9 e 11 anos, non máis. Sen embargo, a mina pode ter consecuencias a moi longo prazo. Os niveis moi elevados de arsénico son consecuencia da explotación mineira de hai 80 anos, moi pequena e subterránea. E agora quérese facer un movemento de terra xigantesco. Polo tanto vai haber uns riscos polo uso de arsénico e polo transporte por estrada de até 4.400 toneladas de cianuro -un veleno tremendamente tóxico. Ademais van quedar dúas balsas de lodos para sempre. Unha delas tería máis de un quilómetro de lonxitude e 85 metros na súa parte máis alta, a mesma altura da torre máis alta da Catedral contendo rochas trituradas e 8.400 toneladas de arsénico, que vai estar aí para sempre. E para sempre quere dicir iso, para sempre. A empresa vai estar aí 8, 10, 12 anos; e vainos quedar aí un regalo envelenado que máis pronto que tarde pode causar un accidente.


  • GC: Pensar que pode rebentar a balsa non é alarmista?

Pódenos chamar alarmistas, pero o certo é que no mundo cada ano rebentan unha ou dúas grandes balsas mineiras. En España temos o exemplo de Alnazcóllar, ou algúns rebentóns das louseiras de Valdeorras ou da explotación de seixo no Pico Sacro. Se iso sucede habería unha onda tremenda de lodo, auga, metais pesados e arsénico que caería ladeira abaixo. Cunha diferencia con Alnazcóllar, a balsa de Corcoesto tería o mesmo tamaño pero estaría a máis altura e máis preto da desembocadura do río, cun desnivel máis forte. Para baixar "todos os santos axudan", esa vaga iría con moitísima máis forza e velocidade. E augas abaixo hai dous miniencoros, hai aldeas, hai vivendas, hai cultivos, hai o Esteiro de Anllóns e a Ría de Corme e Laxe. Compensa 270 postos de traballo este risco? Nós entendemos que non porque estarían prexudicando asemade a outros postos de traballo que si existen hoxe en gandería, agricultora, turismo, etc.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios