José Muíño: “Temos que regularizar as naves, pero sen dar cheques en branco”

17:24 01/10/10
José Muíño Domínguez (1969) é o alcalde de Cabana de Bergantiños dende 2003. A escasos meses de esgotar a súa segunda lexislatura aos mandos do Concello, quixemos facer balance co rexedor sobre os principais asuntos de actualidade no Concello. Muíño deunos a súa visión sobre temas como as obras de Dombate e Borneiro, a regularización das naves industriais, ou a situación económica do Concello.
Hoxe podemos falar con el da man de Fran Lago, quen o entrevistou para QPC e para as radios comunitarias da Costa da Morte, a radiONeria e a Radio Roncudo, dentro do programa O Ronsel. De feito, poden escoitala entrevista dende aquí ou polo Facebook da radiONeria.
O dolmen de Dombate ten unha gran importancia polo patrimonio cultural, tanto para Cabana como para a bisbarra. Eu creo que vai ser un referente como catedral do megalitismo que a temos definida para toda a Costa da Morte, e xunto con outros como o faro de Fisterra ou o castelo de Vimianzo, o dolmen vai ser un monumento tremendamente importante.
Despois de moitos anos de espera agora as obras van a bo ritmo e creo que van cumprirse os prazos. Para o ano que vén poderemos ter o dolmen en pleno funcionamento, tanto na recepción de visitantes como o propio dolmen. Eu creo que é algo importante. Estabamos cifrando máis de vintecinco mil visitas cando estaba en estado ruinoso e coido que vai ser un polo de atracción importante para o turismo na bisbarra.
Estamos tamén buscando inversións para o castro de Borneiro que está moi preto, e que é un BIC (Ben de Interese Cultural). Temos un compromiso da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para facer unha nova sinalización, que estaba en mal estado, e uns mellores accesos para poñer en valor o castro como atractivo turístico.
- Dende o Concello aseguraron que ían ofrecer solo gratis no polígono industrial de Nantón. Como chegan ata este punto?
- Cal é a postura do Concello sobre a regularización das naves?
- Como valora os efectos do Plan de Ordenación do Litoral?
- Notouse o cambio de goberno na Xunta?
- No orzamento de Cabana primarán os investimentos...
- Están de actualidade os soldos dos políticos. Que medidas adoptan dende o Concello nese sentido?
- Como valora as actividades culturais e deportivas que ofrecen dende o Concello?
- No eido das novas tecnoloxías, a Xunta aseguraba que case a totalidade das parroquias van ter aceso á banda ancha en breve…
- Como pinta o panorama de cara ás vindeiras eleccións?
Máis información
Máis entrevistas
Novas relacionadas
- A Xunta prepara a rede de saneamento do Parque Industrial da Costa da Morte .
- A boina de Dombate xa ten a primeira pedra.
- O recuncho da Costa (X): O Castro da Cidá de Borneiro.
- A radiONeria, contigo mentres traballas a través da rede.
Fonte
- Redacción de Fran Lago para QPC ( info@quepasanacosta.gal ).