Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Leandro Lamas deixa de novo a súa colorida pegada no local social de Corcoesto

CABANA - LEANDRO LAMAS CORCOESTO
Leandro Lamas deixa de novo a súa colorida pegada no local social de Corcoesto

O artista naronés Leandro Lamas deixou novamente a súa pegada en Cabana coa execución dun novo mural, esta vez no local social da parroquia de Corcoesto.

A pintura representa unha muller cunha regadeira inundando de flores a parede do edificio veciñal, destacando na súa composición unha paleta cromática marcada polas tonalidades azuis e vermellas.

Lamas é xa un habitual colaborador deste tipo de iniciativas, xa que esta é a cuarta obra que asina no municipio logo da executada hai unhas semanas no local social de O Esto e as realizadas na Escola de Vela e a praza do Pendón. 

Comentarios