O local social de O Esto xa presume da terceira obra de Leandro Lamas

Leandro Lamas xa actuara en Cabana, deixando a súa pegada na praza do Pendón, na Escola de Vela e tamén foi o encargado de realizar unha ilustración para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no 2022.
E volveu a Cabana o artista naronés, para deiar a sáu pegada, desta volta, no Local Social do Esto, onde loce desde onte o novo mural de Leandro Lamas en Cabana de Bergantiños. Durante a xornada, a veciñanza cabanesa, así como membros da Asociación Íntegro, participaron activamente no deseño e na elaboración da obra.
A obra que resultou da actividade é unha representación da “apertura” cara a natureza, a liberdade e a integración, simbolizada a través dunha muller que abre a porta que a separa dese outro mundo. Ademais, o peso deste significado non está só na obra en si mesma, senón que suma este valor en cada pincelada dos e das voluntarias participantes.