O CMAT ponse en marcha conta co apoio económico da Xunta


Por fin parece que o CMAT, o novo e “único” ente chamado a coordinar o sector turístico da Costa da Morte, ponse en marcha. Estes días están a asinar o convenio de colaboración entre a Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia, para a “realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no Xeodestino Costa da Morte”.
Será un convenio bianual de 40.000€ cada ano, no que os concellos e a patronal, a APTCM, terán que aportar outros 16.000€. Na nesa xa a ten o presidente do ente Costa da Morte Asociación Turística, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, para rubricalo.
E pendentes está na Directiva doutro novo posible convenio, da mesma contía, coa Deputación da Coruña, que poderá aprobarse no vindeiro mes.
O convenio ca Xunta irá destinado a formación e desenvolvemento virtual. Comezará cun novo cambio da imaxe de marca, actualizando o logo e cunha nova web e apps, focalizarase o esforzo nas redes sociais, e posicionamento SEO e SEM; ademais dun Plan de Comunicación e un importante Plan de Formación orientado a mellorar o sector turístico e hostaleiro.
O máis probable, é que non saia a licitación pública ningún dos proxectos subvencionados, pero esa decisión é da Xunta.
Os Concellos representados, e que teñen que participar de xeito económico, son: Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.
Novas relacionadas
- 27-02-15: CMAT, constituído o ente que coordinará o Xeodestino Costa da Morte.
- 16-01-15: O CMAT podería estar en marcha en varias semanas.
- 18-12-14: A Costa da Morte entende a necesidade do CMAT.
- 08-12-14: Deputación e Concellos danlle un impulso ao CMAT.
- 20-11-14: Os Concellos apuntan ao CMAT.
- 19-11-14: Pablo Canosa: Levamos 10 anos de retraso e por iso fai falta o CMAT.
Máis novas turísticas
- Sabe o Concello de Fisterra aproveitar o potencial turístico da Fin da Terra?.
- En que gastan os Concellos as subvencións turísticas?.
- A bravura da Costa da Morte en pantalla grande.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).