O Concello de Cabana persónase xudicialmente a favor da mina por unha posible indemnización
08:10 11/04/16
Imaxe do Val da Campiña, unha das zonas que estarían afectadas pola mina de Corcoesto - Foto- Meli Souto
Traía de novo a Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños o asunto da finada mina de ouro de Corcoesto á palestra pública. E facíao acusando ao alcalde cabanés, José Muíño, de personarse xudicialmente na causa, nun contencioso en contra da decisión da Xunta de anular o proxecto mineiro, e de facelo con cartos do Concello.
Efectivamente a asesoría xurídica (os avogados pagados polo Concello) aconsellou ao alcalde a personarse, para pelexar por se cae unha posible indemnización. “O proxecto está finiquitado e rematado, o proxecto xa morreu,”, asegura o alcalde. “Metémonos nisto por se cae algunha indemnización. Por exemplo, en Touriñán, a Xunta tivo que pagar un millón de euros á empresa por varios erros. Aquí, se a Xunta fixo todo ben, pero se a Xunta cometeu algún erro, que nos indemnicen”. En todo caso, asegura que os custes son os das taxas xudiciais, e non valora os gastos en avogados e procuradores.
Aproveita Muíño para recordar que “o Concello de Cabana ten unha débeda 0, e é o primeiro en pagos de morosos na comarca”.
Mentres Salvemos Cabana non entende “que perde o Concello”, o alcalde asegura que había un convenio coa empresa pola que, a pesar de ser un proxecto estratéxico polo que non terían que pagar impostos municipais, si que a empresa ía aboar parte do ICI (arredor de 2 millóns de euros) ao Concello. Lembra ademais que houbo 30 traballadores locais durante as exploracións e recoñece que “algo debeu facer mal a empresa” para que o proxecto non saíse adiante.
O alcalde considera que a Xunta actuou en contra dos intereses de Cabana, e nese sentido Muíño argumenta o asunto dos postos de traballo. ”O meu criterio, a pesar das presións dende arriba e as ameazas dende abaixo, estivo moi claro. Estamos mandando á nosa xente a emigrar. Dixen que se viñeran outras empresas como Apple ou unha autobomibilística estaría encantado. Pero aquí chegou un proxecto mineiro, nun sector que cambiou moitíismo e que eu xa traballara de preto, e crin que era o mellor para a zona. Agora teremos que traballar por outro proxecto que equilibre traballo e medio ambiente, que evite o abandono do medio rural, porque é a pescadilla que se morde a cola.”
Novas relacionadas
- 07-04-16: O debate sobre o proxecto mineiro Isabela II volve ao Parlamento.
- A Deputación di non ao proxecto mineiro Isabela II
- Isabela II é só o principio do proxecto mineiro da Xunta para toda Galicia
- O proxecto mineiro Isabela II chega ao Parlamento.
- Os concellos de Zas e Vimianzo rexeitan o proxecto mineiro Isabela II
- 11-02-2016: Piden máis información sobre o proxecto mineiro de Isabela II a unha semana do peche do prazo de alegacións
- 05-02-17: BNG e AGE piden a paralización do novo proxecto de minería que ameaza a Costa da Morte.
- 27-01-16: 17 organizacións declaran a alerta social en contra das novas concesións mineiras.
- 22-01-16: Isabela II: a nova mina que ameaza terreos de Coristanco, Santa Comba, Vimianzo e Zas.
- Petón do Lobo presenta sinaturas para tratar sobre os dereitos mineiros de Corcoesto no PXOM de Cabana.
- A Xunta determina a perda definitiva dos dereitos mineiros de Corcoesto por parte de Edgewater
- As batatas, as novas inquilinas dos terreos da fallida mina de ouro de Corcoesto.
- Unha reflexión sobre a loita social bergantiñá na documental Tesouro de Corcoesto.
- 07-01-15: A empresa canadense Edgewater perdeu os dereitos mineiros de Corcoesto (e toda a historia).
- Redacción QPC ([email protected])
- Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.