Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O grupo Diversi&Teatro de Íntegro traspasa fronteiras

O grupo Diversi&Teatro de Íntegro traspasa fronteiras
Familia de Integro

Ás veces, cando se está a organizar un novo proxecto sábese de ante man que se vai a converter en algo grande, e iso é o que está a ocorrer co grupo DIVERSI&TEATRO da Asociación INTEGRO.

As ideas do autor brasileiro Augusto Boal, fundador do teatro do oprimido inspiraron o proxecto, colleu as rendas da dirección do grupo unha profesional de nacionalidade holandesa Minke Lap, e esta fin de semana, despois dun ano de conversas telefónicas e correos electrónicos, por fin coñeceron a un grupo de amigos de diversas nacionalidades europeas que, coas súas aportacións, contribúen a manter a actividade do grupo.

A historia de estes novos apadriñamenos xurdía no ano 2013 a iniciativa de Wolf Bloemers, profesor doutor e doutor honoris causa da universidade de Ciencias Aplicadas de Magdeburg-Stendal en Alemaña, cando se acercou ao Centro de Recursos da asociación a interesarse por algún proxecto social co que el puidera colaborar. Nese momento, a directora do centro, Beatriz Antiqueira, informoulle sobre a actividade do obradoiro de teatro. Despois de diversas conversas, Wolf Bloemers decidiu que celebraría o seu 70 cumpreanos na súa casa de Señoráns na parroquia de Salto, no concello de Vimianzo, e que lle solicitaría aos seus amigos que doaran á causa de DIVERSI&TEATRO o regalo que lle foran a facer e así foi, unhas 50 persoas de diversas nacionalidades da unión europea: suecos, romaneses e alemáns entre outros asistiron o pasado sábado 14 de xuño á celebración do aniversario de Wolf Bloemers no centro social de Señoráns, onde tamén se desprazaron un grupo de usuarios da asociación INTEGRO acompañados polo presidente Adolfo López, a terapeuta ocupacional Noelia Barreira e a traballadora social Beatriz Antiqueira para facer entrega das placas acreditativas dos apadriñamentos cuxas aportacións permitirán seguir investindo do proxecto DIVERSI&TEATRO.

Dende a asociación INTEGRO queren transmitir un profundo agradecemento aos novos padriños e madriñas do proxecto aos que se invitou ó ensaio aberto que terá lugar o próximo 27 de xuño no centro de recursos, ensaio da obra que se estreará no ciclo de teatro diverso do próximo mes de outubro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Íntegro.

Comentarios