O parque eólico de Mouriños pon en risco o turismo sostible
13:35 30/08/18
Salvemos Cabana denuncia o alto impacto visual dos tres aeroxedores que se prevén instalar na serra do Gontón
Ademais das afectacións ambientais o parque eólico de Mouriños - que instalará Naturgy nos montes de Gontón que afectan aos concellos de Cabana de Bergantiños e de Zas - non será compatible co turismo sostible do que tanto se fala nos últimos tempos. Así o aseguran dende a asociación "Salvemos Cabana" que aseguran que este novo proxecto "que ademáis non deixará nin un só euro ás arcas públicas en concepto de canon de compensación ambiental, creará un impacto visual significativo sobre o esteiro do río Anllóns e o miradoiro do Monte Branco, considerado como un dos principais observatorios da paisaxe do noroeste peninsular".
Toda ésta é unha zona de alto valor paisaxístico e cunha economía na que o turismo rural e de natureza está adquirindo un papel moi importante. Tal e como sinalaron no seu momento tanto dende Salvemos Cabana como dende outros colectivos, a área na que se prevé construír o parque eólico está moi próxima á Zona Especial de Conservación - ZEC - Costa da Morte, á Zona de Especial Protección para as Aves - ZEPA - Costa da Morte Norte e tan só a 850 metros da Important Bird Area (IBA) Costa da Morta visitada cada ano por máis de 300 tipos de aves.
"A realidade é que o desenvolvemento eólico que fomentou o actual Goberno do PP na Xunta de Galicia é incompatible co desenvolvemento sostible e ordeado da actividade turística, dado que o proxecto Mouriños pretende recalificar un dos lugares máis emblemáticos da paisaxe galega como chan industrial, impedindo ademáis que a Serra do Gontón poida formar parte dunha futura ampliación da Rede Natura 2000", sinalan dende Salvemos Cabana.
Canon eólico
Comparativa entre os aeoxeradores que se prevé instalar coa Torre de Hércules. Imaxe: Salvemos Cabana
O proxecto, no que se inclúen 3 aeroxeradores de máis de 150 metros de altura, deixará "cero euros en concepto de canan compensatorio seguindo a Lei 8/2009 pero sí un impato visual dificilmente asumible sobre o esteiro do Anllóns" segundo sinalan dende Salvemos Cabana.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/novas-e-cruas-criticas-a-afectacion-ambiental-do-proxecto-eolico-de-mourinos-e-a-actuacion-ao-respecto-do-alcalde-cabanes/ “Un centenar de persoas acoden á creación da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos Campelo – Bustelo – Monte Toural” — Que pasa na costa “Denuncian que o parque eólico de Laxe apenas terá repercusión económica na comarca xerando só 1,5 postos de traballo” — Que pasa na costa “Contramínate inicia un recurso contencioso administrativo contra o parque eólico de Laxe” — Que pasa na costaArtigos relacionados
- O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo.
- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
Novas eólicas
- 19-07-18: Sae a exposición pública o Parque Monte Toural, a terceira parte do megaproxecto eólico que afecta a Carballo, Coristanco e Santa Comba.
- 17-07-18: O BNG de Coristanco alega e informa sobre os novos proxectos eólicos.
- 10-07-18: ADEGA denuncia a tramitación fraudulenta e a ameaza á flora endémica dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural.
- 09-07-18: O BNG de Coristanco enfróntanse aos tres novos parques eólicos que invadirán a comarca.
- Xullo 18: Denuncian o comezo das obras do Parque Eólico de Laxe antes de obter a licenza.
- Xuño 18: O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo.
- Xuño 18: Os 22 elementos patrimoniais que afectan, pero non impiden, o Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol.
- Abril 18: Tres novos parques eólicos da comarca declarados “interese especial”.
- Abril 18: Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme.
- 15-02-18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte
- 09-02-18: Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca.
- 05-02-18: Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia.
- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 17: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 17: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Setembro 16: Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
- 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- 2011: Aprobado o parque eólico no Alto da Croa.
Máis novas
- Historia da Enerxía Eólica na Costa da Morte: Pioneiros en todo.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).