Martes. 07.04.2020
El tiempo

Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España

Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España

Xa puidestes observar a nosa visión sobre este 20N, pero así e todo achegamos os resultados nos 15 concellos que tratamos da Costa da Morte. Como xa era de agardar o Partido Popular auparase ao Goberno o vindeiro 13 de decembro tras arrasar nestas eleccións Xerais do 20 de novembro de 2011, data que coincide coa morte de Franco.

E a Costa da Morte é un fiel reflexo do que aconteceu en todo o estado. Sen contabilizar os votos ao Senado (para nós un estamento innecesario) o PP arrasou en España e acada maioría absoluta con 186 escaños por 110 do PSOE. As subidas máis salientables, as de CIU que sobe 6 deputados (de 6 a 16) e a de EU-V que sobe de 2 a 11 deputados. Ademais, Amaiur consegue 7 deputados con máis de 330.000 votos.

O BNG mantén os dous deputados do 2008 a pesar de baixar en case 30.000 votos, uns datos que curiosamente significan "unha vitoria" para o portavoz nacional Guillerme Vázquez.

Os datos que non se ven

Cómpre deixar claro ademais varios datos que nunca se contabilizan, pero que estas eleccións teñen máis peso do que se quere contar.
A participación baixou case 4 puntos dende o 2008, e xa son máis dun 28% de persoas que se abstiveron. Unha abstención que debe ser tomada dunha vez como abstención activa, e xa non vale argumentar o "chovía", "había xornada de fútbol"...

No tocante ao voto nulo, vemos que no 2008 houbo 162.416 votos nulos en todo o estado, un 0,64%, duplicouse e máis de 310.000 persoas protestan deste xeito.

Ademais, a necesariamente modificable Lei de Hont deixa cousas como que os máis 200.000 do novo partido ecoloxista Equo non lle serven para obter sequera un deputado.
De igual xeito, as contas indican que o PP consegue cada escaño por 23.676 votos, mentres que IU necesita 65.193 votos para cada un.

Vemos nesta gráfica como queda o parlamento e por outra banda podedes observar como quedaría cunha lei electoral máis xusta:

O PP arrasa na Costa da Morte

O PP volve así ser a 1ª forza tralos grandes resultados das Xerais 2008 nas que foi a forza máis votada en 10 dos 15 concellos da Costa. O mesmo ocorría nas Municipais deste 2011, nas que o PP é a forza máis votada con 18.632 votos. Pero desta volta a cousa é máis patente o PP arrasa nos 15 concellos da Costa da Morte, ata nos históricos feudos "socialistas".

IkiMap das Eleccións Xerais Costa da Morte 2011

IkiMap das Eleccións xerais Costa da Morte 2008

Imos repasando Concello a Concello:

Cabana

  • PP: 2065 - 67%
  • PSOE: 592 - 19%
  • BNG: 323 - 10%
  • EU-V: 42 - 1%
  • Abstención: 25,67%
  • 39 votos en blanco e 47 nulos

Camariñas

  • PP: 2076 - 55%
  • PSOE: 1372 - 36.41%
  • BNG: 217 - 5.75%
  • EU-V: 52 - 1.38%
  • Abstención: 25%
  • 22 votos en blanco e 45 nulos.

Carnota

  • PP: 1379: 49,21%
  • PSOE: 737: 26.30%
  • BNG: 545 - 19%
  • EU-V: 75 - 3%
  • CXXI: 21 - 1%
  • Abstención: 32%
  • 18 votos en blanco e 21 nulos.

Cee

  • PP: 2507 - 53%
  • PSOE: 1458 - 31%
  • BNG: 566 - 12%
  • EU-V: 115 - 2%
  • UPyD: 24 - 1%
  • Abstención: 26,85
  • 52 votos en blanco e 82 votos nulos.

Corcubión

  • PP: 452 - 42%
  • PSOE: 344 - 31%
  • BNG: 238 - 21%
  • EU-V: 49 - 4%
  • EQUO: 8 - 1%
  • Abstención: 23%
  • 12 nulos e 14 en blanco

Dumbría

  • PP 985 - 47%
  • PSOE: 902 - 43%
  • BNG: 169 - 8%
  • EU-V: 21 - 1%
  • Abstención: 31%
  • 20 votos en blanco e 32 votos nulos

Fisterra

  • PP: 1679 - 59.89%
  • PSOE: 671 - 23.93%
  • BNG: 359 - 12.80%
  • EU-V: 54 - 1.92
  • Abstención: 32.13%
  • 25 votos en blanco e 35 votos nulos

Laxe

  • PP: 1270 - 59.65%
  • PSOE: 529 - 24.85%
  • BNG: 238 - 11.17%
  • EU-V: 55 - 2.5%
  • Abstención: 25%
  • 18 votos en blanco e 31 votos nulos

Malpica

  • PP: 2433 - 61.26%
  • PSOE: 930 - 23.41%
  • BNG: 430 - 10.82%
  • EU-V: 81 - 2%
  • Abstención: 26.57%
  • 45 votos en blanco e 62 votos nulos.

Mazaricos

  • PP: 1866 - 68%
  • PSOE: 418 - 15%
  • BNG: 381 - 14%
  • EU-V: 32 - 1%
  • Abstención: 34%
  • 22 votos en blanco e 16 votos nulos

Muros

  • PP: 2874 - 51%
  • PSOE: 1631 - 29%
  • BNG: 793 - 14%
  • EU-V: 155 - 3 %
  • Abstención: 30.44%
  • 6 votos en blanco e 87 votos nulos

Muxía

  • PP: 1869 - 53,50%
  • PSOE: 1293 - 37%
  • BNG: 238 - 6,81%
  • EU-V: 48 - 1,37
  • Abstención: 23%
  • 22 votos en blanco e 44 votos nulos.

Ponteceso

  • PP: 2249 - 64%
  • PSOE: 758 - 21.57 %
  • BNG: 358 - 10.18%
  • EU-V: 59 - 1.67%
  • Abstención: 30%
  • 49 votos en blanco e 52 votos nulos.

Vimianzo

comentarios