Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unhas eleccións indignadas e indignantes

Unhas eleccións indignadas e indignantes

Mentres o Señor Europa pon a dedo novos presidentes de goberno esquecendo o significado de democracia e de voto popular, por España seguimos crendo que este domingo 20 de novembro imos elixir ao noso xefe de Estado.
Barállanse nomes como Emilio Botín, José María Arias ou Antonio Basagoiti, pero parece que será Rajoy ou Rubalcaba os que fagan de figuras públicas.

Como puidestes comprobar o seguemento en QPC da Campaña 20N está sendo bastante escaso, por non dicir inexistente. Poderíamos falar de contracampaña, pero a nosa intención nesta xornada de reflexión é informar de todas as posibilidades que se nos presentan neste 20 de novembro de 2011 diante das furnas.

Por unha Democracia Real Xa

Non agochamos o máis mínimo a nosa protesta ao son do colectivo Democracia Real Xa. Un colectivo que parte da base de que "nin os políticos actuais nin o sistema electoral nos representa" e nos invita a decidir por nós mesmo de xeito consciente:

  • Compartes as túas opinións a través das redes sociais.
  • Infórmate dos partidos que conseguiron superar as trabas electorais.
  • Denuncia os casos de corrupción dos candidatos.
  • Infórmate sobre o funcionamento da lei electoral e sobre as opcións de usar o teu voto.

Que facer ante as furnas

As posibilidades son claras: votar a un dos dous grandes partidos, votar por un partido pequeno, votar en blanco, votar nulo, ou non votar (abstención). Os primeiros están claros, pero as repercusións das 3 últimas eleccións son confusas:

  • Voto nulo: Todos estes votos contabilízanse pero non afectan á repartición de escanos xa que, ao ser nulos, non se contan como válidos. Así pois, o voto nulo ten o mesmo efecto nas eleccións que a abstención.
  • Abstención: o voto non afecta ao reconto, e só serve para demostrar o descontento da cidadanía coas propostas políticas expostas en España.
  • Voto en blanco: Este voto prexudica aos partidos minoritarios xa que, ao ser contado como emitido e válido, eleva o total de votos e todos os partidos deberán obter máis votos para conseguir un escano. Nas eleccións xerais a barreira electoral, é dicir o número total de votos necesarios para obter representación, fíxase nun 3% dos votos e nas locais nun 5%.

Paralelamente, podedes tomar nota da Plataforma No les votes

Denunciando o sistema electoral

Outra das cousas que nos propón o movemento 15 M é denunciar a pé de furna o sistema electoral. A través da iniciativa DoRiYakiTU, o movemento trata de informar á poboación para relcamar outro modelo electoral, sen necesidade de cargarse todo este domingo. Así, propoñen ir armados ás mesas cos formularios de denuncia [pdf].
Aquí vos deixamos este video de DRY que en menos de 1 minuto expón o que pode chegar a ser unha reclamación en masa para estas eleccións:

Asemblea Azcárraga 15M en Carnota

Dende un céntrico barrio da Coruña, a Asemblea Azcárraga do 15M cóntanos que organizarán a finais de xaneiro unhas xornadas indignadas na Costa da Morte, concretamente en Carnota. Ademais, para o 21 de decembro xa están argallando unha mobilización polo rederendum co hastag #tomaelbancocentral.
Entrementres, coñecemos o seu manifesto:

Hoxe 15 de novembro do 2011, desde a xuntanza da Praza de Azcarraga (A Coruña), un grupo de cidadáns indignados, con independencia política, e sen vinculación a ningún partido. Formado por integrantes de DRX, Estado de Malestar, Asemblea Obelisco, Anonymus.

Queren expresar a súa condena ao que consideremos atentado contra a democracia, reflectido en dimisións forzadas de presidentes e primeiros ministros, en recortes en prestacións e dereitos aplicados aos sectores mais desfavorecidos, instigado e impulsado por sectores de poder que non foron elixidos en ningún tipo de votación.
¿Cantos primeiros ministros saídos das urnas caeron en nome dos mercados e a estabilidade?

O primeiro foi o socialista Brian Cowen, o primeiro ministro irlandés. Zapatero cambiou drasticamente as súas políticas, e anunciou eleccións anticipadas. Socrates presentou en maio a dimisión, ao presidente da república. Papandreu presentou a dimisión, premido por Merkel-Sarko, tras intentar convocar un referendun, e tívose que facer un goberno de coalición, sen haber eleccións de por medio. Agora Italia, o eixo forza a saída de Berlusconi, e nomease un goberno de funcionarios (chámeselle tecnócratas), no que representa un golpe de estado institucional; pois ninguén os votou, e nin tan sequera se anuncian eleccións proximamente.

Esta sucedendo algo moi grave en Europa, e non e so a crise, son as bases da democracia que están sendo atacadas.

Consideramos fundamental e urxente, una rexeneración democrática, para poñer a política e a economía ao servizo do cidadán; una reforma da lei electoral para que o resultados das eleccións sexa o reflexo da vontade real do pobo; a creación de mecanismos, para garantir a participación cidadán na política; e unha reforma constitucional, para poñer a persoa e os seus dereitos indeclinables por riba dos intereses do capital. Esiximos que se tomen medidas económicas e penais, encamiñadas a evitar a especulación sobre a débeda soberana dos estados. Esiximos, que os cargos políticos, pagen co seu patrimonio, os danos causados cando existan irregularidades interesadas na súa xestión.

  • Asemblea Azcárraga.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios