Venres. 29.05.2020
El tiempo

Galicia tamén quere Democracia Real Xa

Galicia tamén quere Democracia Real Xa

Parece que no noso país todo chega tarde. Pero desta volta as cidades de Galicia están ao pé do cañón. Milleiros de persoas únense aínda a día de hoxe para reflexionar sobre o sistema económico, político e social español. Máis de 1.000 persoas no Obelisco da Coruña; máis de 2.000 no Obradoiro, en Ferrol arredor de 200 participaron no debate e unhas 400 en Pontevedra.
Unha vez máis as redes sociais demostran que poden cambiar un país, a pesar do sentimento escéptico de boa parte da veciñanza.

A tarde de onte venres foi un dos momentos de maior mobilización por causas evidentes. Sorprendente foi a convocatoria cidade de "cartón pedra", como definiu un dos máis despistados que tomou o micro (hai voz para todos nestas asembleas que demostran a base de referendums como é a democracia real).

Pero unha das intervencións máis significativas foi cando un home de pasados os 40 anos, reflexionou sobre o que chamou "disco raiado". "Téñennos convecido de que temos só dúas opcións. E temos que votar aos zombies do lado A para que non cheguen os zombies do lado B".

É precisamente isto, a eliminación do bipartidismo unha das loitas. Os participantes, que se consideran apartidistas que non apolíticos, tratan nas asembleas propostas como unha Lei electoral, revisión dos soldos políticos eliminando os soldos vitalicios, unha mellor regulación na xestión dos bancos financieiros, libre circulación de persoas, reforzo da educación pública e laica, que se faga efectivo o dereito á vivenda, regulación das condicións laborais e confirmación do seu complimento, unha democracia máis activa e directa... E así unha batería de propostas bastante claras e concretas.

Asembleas participativas

As asembleas trascorrían de xeito pacífico, con veciños de todas as idades, procedencias e índole social. Ademais do grupo organizador, houbo intensas intervencións, como a dunha señora siria que se uniu á causa facendo un emotivo chamamento aos conflitos do seu país. Malono de Ribeira tamén sacou os aplausos e demostrou que os que pasan de 50 anos tamén están representados por este movemento.

Movemento internacional

O xa calificado pola prensa Movemento 15-M non se ciñe ás fronteiras españolas. Máis de 50 países e máis de 400 acampadas únense á protesta. Egipto, Siria, Canadá, Alemaña, Xapón... e innumerables países como podemos comprobar neste IkiMap oficial do movemento. Estímase que máis de 130.000 persoas protestan na rúa.

Reflexionando

Os asistentes amosábanse inquedos ante a posibilidade de desaloxo. Tan só nunha vila valenciana cargaron os policías, pero afortunadamente permitiron que os veciños "indigandos" reflexionen en común. Onte ás 0:00h, unhas 500 persoas seguían reflexionando conxuntamente no Obelisco coruñés, mentres os carteis electorais non eran retirados das estradas.

Máis información

Fonte

comentarios