O vento e a choiva protagonizan o entroido

12:20 04/02/16

- Promete o entroido de Santa Comba coa cervexa, o rock e a artesanía como ingredintes principais. Dende hoxe e ata o domingo, o Recinto Feiral da vila acolle a I Festa da Cervexa Artesá Galega, acompañada dunha feira de artesanía e das mellores bandas de rock da zona. Pinchar aquí para ver o programa completo.
- Fisterra dálle ás 12 horas o pistoletazo de saída ao entroido coa inaguración da I Mostra da Historia do Entroido de Fisterra que está instalada no mercado municipal.
- Un ano máis, Vimianzo énchese de entroideiros. O tradicional desfile pola rúas da vila sae ás 16:30 horas da praza do Concello. Un xurado - entre o cal estarán membros de QPC - será o encargado de outorgar os premios aos mellores disfraces. O martes será festividade na localidade.
- Mazaricos comeza ás 16:30 horas o seu particular "entruido" no que haberá música, xogos, doces típicos da época e moitas vaquillas. Ademais os locais do municipio ofrecen pinchos moi carnavaleiros. Por mor do tempo, trasládanse as actividades ao pavillón municipal.
- Unha das citas máis esperadas destas datas na Costa da Morte é o entroido de Fisterra que este ano, como novidade, trasládase ao sábado. QPC estará presente como parte do xurado e o grande Xurxo Souto como pregoeiro.
- Continúa a I Festa da Cervexa Artesá Galega no recinto feiral de Santa Comba onde tamén haberá unha mostra de artesanía e concertos de rock. Pinchar aquí para ver o programa completo.
- O mal tempo obriga a desprazar os actos do entroido de Laxe para a praza dos Voluntarios. Mañá a partir das 17 horas a festa comeza co desfile de comparsa que estarán acompañadas da música do Tren da Unha e dunha boa chocolatada con filloas.
- Ás 16 horas partirá da praza Castelao de Corcubión unha comitiva de entroideiros que percorrerán a vila ata chegar á casa da Cultura. Alí esperánlle premios,música e unha chocolatada.
- Camariñas celebrará o entroido cunha festa do cocido que será ás 22 horas no pavillón municipal. A orquesta Ciclón animará o ambiente.
- Tamén en Baio aproveitan o entroido para facer unha gran cea baile, organizada pola asociación cultural Adro. Así o sábado, ás 21 horas, os veciños e veciñas da vila dánse cita no pavillón onde haberá unha gran laconada, disfraces e moita festa.
- Se o sábado será a cita do Entroido en Fisterra, o domingo toca a xa obrigada parada en Dumbría. Cada ano mellora a participación e todo parece indicar que este 2016 vai romper todas as marcas. Consulta aquí toda a información sobre o entroido de Dumbría.
- Un gran comparsa de disfraces percorrerá o domingo as rúas de Muros.
- Todo dependerá da previsiónn metereolóxica para que Carballo celebre o seu multitudinario desfile de disfraces.
- Continúa a I Festa da Cervexa Artesá Galega no recinto feiral de Santa Comba onde tamén haberá unha mostra de artesanía e concertos de rock. Pinchar aquí para ver o programa completo.
- O "entruido" continúa en Mazaricos cun espectáculo cómico de teatro “Fair Play” na casa da Cultura da Picota. A cita, que está dirixida a todos os públicos, comeza ás 17 horas.
- Despois do gran desfile do sábado, as actividades do entroido continúan o domingo en Fisterra con obradoiros infantís e o martes, concurso infantil e música en directo e os Cabezudos.
- O pavillón de Ponteceso acolle o domingo o XXII desfile de disfraces.
- O centro comercial Finisterrae de Cee acolle a partir das 18 horas unha gran festa de disfraces na que haberá desfile, concurso, bailes e xogos para todos.
- Moi ben traído o obradoiro de rosquillas e orellas que organiza a asociación cultural Adro de Baio. A actividade, dirixida para todos os públicos, será de 16 a 19 horas.
- Durante catro días haberá distintas actividades en Muxía para conmemorar o carnaval, máis o día grande é o martes co concurso de disfraces infantil e de adultos. Ademais de degustación de filloas e orellas e música a cargo de Manolo Delfín, o concello repartirá case 1.500€ en premios.
- As filloas, e os disfraces, serán os principais protagonistas do concurso de entroido que organiza o concello de Zas. Repartiránse máis de 700€ en premios e durante toda a tarde os nenos e nenas poderán xogar nos inchables e participar nos obradoiros de maquillaxe.
- En Camariñas aproveitan a festividade local para facer un gran concurso de minicomparsas e comparsas no pavillón municipal da vila. Será unha gran festa con moita animación, hinchables, palomitas e algodón de azúcar.
- Cabana vivirá o martes o día grande do entroido cunha gran comparsa. A cita, que é no pavillón municipal, comeza ás 17 horas.
- O pavillón de Corme celebra o Carnaval o martes día 9 cun gran baile de disfraces.
- Os máis pequenos serán os protagonistas da Festa Infantil que o concello de Cee organiza na praza da Constitución.
- Un dos protagonistas do entroido de Muros – Facundo – terá o seu propio día o mércores, 10 de febreiro. Éste será o día máis triste da festa, xa que ás 19 horas, terá lugar o enterro do Facundo no que estará acompañado por un bo séquito de viúvas.
- Laxe despide o entroido co querido Cayetano. O enterro será ás 19 horas e a Charanga "Los Tajados" darán as notas musicais do acto que terá lugar na praia da vila.
- A casa da Cultura de Coristanco acolle unha Festa Infantil de Entroido na que haberá música, talleres, desfile e un sorteo de agasallos.
- A raíña do entroido, a Mikaela, encherá de disfraces, música e moita diversión a vila de Buño. Consulta aquí o a programación do concello de Malpica para este entroido.
- Outro dos puntos fortes do sábado 13 é Cee. Como é de costume, as comparsas desfilarán pola vila a partir das 16:30 horas e, ás 18 horas, irán para o pavillón onde se repartirán 4.500€ en premios.
- Os veciños e veciñas de Baíñas - Vimianzo - celebran o sábado, 13 de febreiro, a festa de entroido. Ademais do tradicional concurso de disfraces, haberá xogos, música e comidas típicas do carnaval.
- Fisterra despide o entroido coa Queima do Polbo que será ás 18 horas na praia da Riberia.
- Camariñas fai o colofón final do entroido co Enterro da Sardiña. O velatorio será as 18:30 na Casa de Pedra e, dende alí, o séquito sairá cara a praza do Mercado onde será o funeral e inhumación da querida sardiña.
- En Muxía, a Queima do Percebe poñerálle o punto e final ao entroido 2016.
- Os mariores serán os protagonistas da Festa de Entroido da 3ª Idade que organiza o concello de Coristanco. A cita é na casa da Cultura entre as 18 e as 21 horas.
- Carnota suspende o Entroido en solidariedade coa familia de Lino do Corbeiro
- Fisterra decide pasar o seu famoso Martes de Entroido para o sábado
- As comparsas e o enterro do Facundo protagonizan o entroido de Muros
- Un entroido mollado con Cervexa Artesá
- Rock xalleiro para o Entroido de Santa Comba
- Un entroido de cervexa e artesanía en Santa Comba.
- Os xalleiros Gran Soul Band estrean videoclip en ruta.
- O Cayetano volve ser o portagonista do Entroido de Laxe
- Adro prepara o Festival de Entroido cunha gran cea-baile
- O concurso de disfraces de Cee repartirá 4.500€ en premios
- Un Entroido de Baile, filloas e sardiña en Camariñas
- Carnota prepara un certame de Regueifas para satirizar o entroido
- Fisterra xa ten o seu programa de Entroido
- Fisterra decide pasar o seu famoso Martes de Entroido para o sábado
- A Mikaela de Buño, a raíña do Entroido da Costa da Morte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)