Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os cabeneses encheron o auditorio municipal para presenciar o Festival de Primavera

Os cabeneses encheron o auditorio municipal para presenciar o Festival de Primavera

O Auditorio Municipal de Cabana de Bergantiños quedouse pequeno para acoller o público que acudiu a presenciar o Festival de Primavera 2011 que se celebrou na tarde de hoxe domingo 27 de marzo desde as 18.00 ás 20.00h. O programa combinou música e teatro ofrecidos polo alumnado da Escola Municipal de Teatro e pola Escola Municipal de Música José María Álvarez Canto.

As representacións teatrais viñeron da man do grupo de teatro infnatil de Corcoesto, o cal subiu ás táboas a obra “O país dos mandóns”. Como peche teatral a Escola Municipal de Teatro representou a xa exitosa “Restaurante Farruco”.

No apartado musical interpretáronse 11 temas de distinto estilo. Desde unha peza clásica ó piano de Bach á tradicional “Ven bailar, Carmiña”. Mesturárnonse guitarras eléctricas e acústicas, pianos, percusións tradicionais, batería, baixo, frautas, gaitas e voces.

Todo o alumnado participante puido degustar unha merenda na recén estreado novo ximnasio que o Concello construíu con cargo ó Plan E.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa e fotos do Departamento de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cabana da man de Xosé Manuel Varela.

Comentarios