En marcha a reforma da cuberta do CPI As Revoltas
10:47 03/07/21
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou nunha visita ao CPI As Revoltas, que a Xunta de Galicia vai acometer a substitución da cuberta e a renovación de parte das carpinterías deste centro educativo cun investimento de máis de 361.000 euros que suporá adaptar esta infraestrutura ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia. A actuación ten un prazo de execución de tres meses.
Este investimento únese as obras xa licitadas de rehabilitación integral do CPI Alcalde Xosé Pichel en Coristanco, cun investimento de máis de 664.000 euros