Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A reitoral de Corcoesto entra na "Lista Roja" del Patrimonio

Casa Reitoral de Corcoesto
A reitoral de Corcoesto entra na "Lista Roja" del Patrimonio

O risco de derrube provoca que a Casa reitoral de Corcoesto veña de engadida na Lista Roja del Patrimonio. Esta lista é unha iniciativa da Asociación Hispania Nostra que leva 12 anos na rede dando conta do Patrimonio cultural e natural que se atopa en abandono e en perigo.

Unha reitoral datada de 1753, que representa á perfección a arquitectura tradiciional de Bergantiños. Foi ampliabada no século XIX e acolleu o local social nos anos 60, ata 1979, dende que, co pasamento do párroco, fica abandonada.

O pombal e o hórreo son dous elementos fundamentais, como destaca a Asociación Petón do Lobo, principal ente que denuncia o seu estado.

Na Costa da Morte apenas atopamos, ademais da Reitoral cabanesa, as pinturas de Moraime, pero xa na Lista Verde, como exemplo de recuperación despois da súa importante rehabilitación.

Pombal e horreo da Casa Reitoral de Corcoesto-Cabana

Novas relacionadas

Comentarios