Tatiana Rellán presentou o equipo do BNG de Cabana
09:29 18/04/23
Este pasado domingo 16 o estaleiro O Baladiño acollía a a presentación da candidatura do BNG para Cabana de Bergantiños. Foi David Cancela, n°11 da lista e actual concelleiro, o que presentou o acto, dando paso a Daniel Pérez López, Deputado do Parlamento, que aproveitou para falar da importancia da carpinteira da Ribeira e que será un tema que levará ao parlamento.
E por último falou Tatiana Rellán, a nova candidata, que presentou aos homes e mulleres que a acompañaran:
- 2. Sandra Redondo Fernández
- 3. Marcos Lois Costa
- 4. Alba Villar López
- 5. Sergio Romero Lema
- 6. Fernando Márquez Senande
- 7. Manuel Pose Varela
- 8. Ana María Vidal Fariña
- 9. Uxía Pérez García
- 10. Martín Senande Rivera
- 11. David Cancela García
SUPLENTES:
- Nieves Eiroa Souto
- Xaquín Paredes Insua
Tamén debullou parte do programa con 5 puntos inamovibles:
- 1. Mellorar a vida das persoas onde comenta que cando gobernen recuperaran o servizo do SAF para porque tanto os usuarios e usuarias se merecen o mellor dos servizos, como as traballadoras se merecen unhas condicións laborais xustas.
- 2. Recuperación dos sitios singulares de todas as parroquias de Cabana para o disfrute de todas e de todos.
- 3. Creación dunha empresa de capital público-privada para aproveitar as fortalezas dun turismo de calidade en Cabana.
- 4. Creación dunha casa da xuventude
- 5. Un goberno do BNG en Cabana é garantía de que as portas da casa do Concello estarán sempre abertas para todos. E unha oposición do BNG en Cabana estará sempre disposta para escoitarvos e darvos resposta. Por iso se crearán os consellos parroquiais