Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallan a regueifa bergantiñá por Chantada

Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallan a regueifa bergantiñá por Chantada

O pasado venres 24 de xuño, desde as 17.30 h, uns 50 maiores da localidade luguesa de Chantada descubriron de man de Xosé Manuel Varela e de Fermín Calvo Gómez a arte da regueifa ó xeito bergantiñán. Este obradoiro de regueifa desenvolveuse dentro do proxecto da Consellería de Cultura e Turismo chamado Letras Vivas co que se pretende dinamizar a completa rede de bibliotecas de Galicia. O obradoiro desenvolveuse nun dos edificios do casco histórico chantadino e que acolle a Casa da Cultura na que radica a biblioteca municipal.

A actividade desenvolveuse en diferentes partes. Na primeira, proxectáronse pequenos vídeos sobre os catro regueifeiros que continúan en activo na comarca de Bergantiños. Un destes vídeos foi a regueifa que Suso e Antonio Xornes cantaron o domingo de Piñata na Polafía que organizaron a A.VV. Monte d’Arxa e a A.C. Raigañas.
Na segunda, Fermín Calvo cantoulle unha ampla colleita de coplas ós asistentes valéndose de motivos como os nomes propios dos mesmos, a súa localidade natal ou algún aspecto da súa vestimenta, entre oturas fontes de inspiración.
Por último, Xosé Manuel Varela aprendeulles como construír unha cantiga para despois elaborar unha ducia delas ás que a continuación se lles puxo a música e se cantou entre todos os asistentes.

Ademais do obradoiro, a cadea de televisión de Chantada, Televinte, realizou unha gravación de todo o obradoiro e entrevistou ós dous bergantiñáns para a posterior realización dunha reportaxe sobre a temática da regueifa.

Aquí vos deixamos cunha mostra de como se desenvolven estes obradoiros de regueifa está colgado en Youtube desde hai meses.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e foto de Xosé Manuel Varela.

Comentarios