A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE
Gañou Fenosa, como non podía ser doutro xeito, aos mariñeiros de Laxe. O polémico Parque Eólico de Pena Forcada-Catasol II, no val de Traba, vén de ser un dos primeiros autorizados pola Xunta (xunto co dos Montes de Abella, en Lugo). E iso que está sendo investigado, xunto co de Mouriños (en Cabana) pola UE por graves afecións ao patrimonio e ao medio natural, e por posibles infraccións relacionadas coa fragmentación múltiple dun só proxecto industrial.
Todo en contra do posicionamento do pobo de Laxe, unha vez que o Concello e as Asociación asinaron a declaración de Laxe como Concello libre de Eólicos.
Os dous proxectos (Laxe e Cabana) de Gas Natural Fenosa recibiron numerosas críticas e alegacións, aínda abertas, o que non impide á Xunta darlles a aprobación aproveitando a nova Lei de implantación industrial quere aprobar a súa tramitación canto antes sen agardar a coñecer o que opina a UE sobre a afeción a un espazo Rede Natura e a unha Zona de Especial Protección de Aves.
”Non hai ningún trámite suspensivo” e “sería fácil desmontalos ao ser só dous aereoxeneradores”, limitouse a dicir o presidente da Xunta, Feijoo.
Val de Traba, afectado polo Parque eolico de Pena Forcada-CatasolNovas sobre o Parque Eólico de Laxe
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 17: Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
- Setembro 17: A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Setembro 17: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).