Xornada de xogos inclusivos no CEIP As Redondas
Fermosa e inclusiva xornada a vivida o pasado vwenres no pavillón de Cabana. Cinco entidades sociais —Íntegro, Avante, Amarai, Misela e Adibismur— reuniron á rapazada do co CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños para vivir unha nova edición dos Xogos Inclusivos Íntegro, unha actividade que se converteu nunha auténtica festa do deporte, a convivencia e a amizade.
A dinámica está moi traballada, facendo equipos diversos, compostos por cinco persoas usuarias e un neno ou nena, competindo en distintos xogos que combinaron diversión, creatividade e cooperación.
Ao longo da mañá desenvolvéronse varias probas: o Xogo do Paquete, o Xogo da Rá, o Xogo das Bolas, o Xogo do Tangram e, como broche final, unha gran Oca xigante na que reinou o entusiasmo e o espírito deportivo.
O pavillón estivo dividido en dúas zonas, permitindo celebrar dous xogos simultáneos, e contou cun ambiente festivo amenizado con música, aplausos e moitas risas. A xornada concluíu coa entrega de trofeos aos tres mellores equipos de cada xogo, recoñecendo o esforzo, a cooperación e a ilusión de todas as persoas participantes.
