Martes. 30.04.2024
El tiempo

138 alumnas de Camariñas volven a aprender o mar a través do surf

Aprende co surfing-Camarinas-Arou
138 alumnas de Camariñas volven a aprender o mar a través do surf

Volve a comezar, por terceira vez, ‘Aprende a través del Surfing’, unha formación deportivo-educativa impulsada polo Concello de Camariñas e impartida por Ubuntulife, que permite que 138 alumnos de tres institutos do municipio vivan o mar en horario escolar coa táboa como excusa.

O pasado martes comezaron as primeiras sesións na praia de Arou, que remantarán un vindeiro 20 de xuño. A maiores do CEIP O Areal e o CEIP Ponte do Porto, este ano súmase un grupo de Primeiro da ESO do IES Pedra da Guía. Ademais, aos areais de Camariñas tamén acudirán alumnos de Vimianzo e de Zas para disfrutar desta formación que federa aos participantes a través do programa Xogade da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Surf.

O proxecto educativo traballa co alumnado desde tres obxectivos principais: mellorar a relación da persoa consigo mesma, mellorar a relación do individuo cos demais e mellorar a relación dos participantes coa contorna natural. Todo isto a través do surf, xa que se busca xerar seguridade, cultura acuática e axudar a valorizar e protexer ás ondas.

O Concello de Camariñas cubre o custo da actividade, que conta cun orzamento que vai de xeito íntegro á escola de surfing e se tramita a través da Federación Española de Surfing. Os custes inclúen seguro, monitorado, materiais, plataforma en liña, actividades vivenciais no centro formativo e ‘bautismos’ de surfing na praia. Mentres, o colexio aporta os custos de transporte.

Comentarios