martes. 10.12.2024
El tiempo

20 anos de ‘O Mar na Escola’ en Camariñas

O Mar na Escola en Camarinas-Kaiak
20 anos de ‘O Mar na Escola’ en Camariñas

O pioneiro proxecto de O Mar na Escola, desenvolvese de xeito paralelo entre os peiraos de Corcubión e Muxía, e o de Camariñas.

Na vila do Encaixe, a iniciativa municipal cumpre 20 anos achegando aos rapaces o mundo do mar en horario escolar. Unha actividade na que os alumnos se familiarizan co mundo marítimo participando en diferentes exercicios para desfrutar do mar e adquirir concienciación do seu valor natural.

O programa está destinado aos alumnos de 5º e 6º de Primaria dos colexios CEIP O Areal de Camariñas e CEIP Ponte do Porto, e de 1ºEso do IES Pedra da Aguia. En concreto, nesta edición participan 74 alumnos e alumnas, que probarán deportes como a vela ou o kayak.

En total, esta edición conta cunha clase teórica para cada curso, nas instalacións do Náutico de Camariñas, e un mínimo de catro saídas prácticas por grupo ao mar, co fin de adquirir uns coñecementos mínimos da navegación a vela, das mareas, dos ventos e das diferentes embarcacións.

Comentarios