232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas
Continúa este fermoso proxecto de achegar o mar aos máis novos a través da vela. Un proxecto no que participan este ano 232 escolares pertencentes aos Concellos de Camariñas, Cee, Dumbría e Fisterra, e que cambia as clases de educación física dentro do pavillón, por unha experiencia moi máis auténtica. I é que nunha bisbarra como a nosa, o mar non pode faltar nas nosas vidas, e a vela pode ser un argumento perfecto para que as novas xeracións sigan mantendo o que a pesca conseguíu durante séculos.
6 centros de 4 concellos
Concretamente son 6 os centros participantes na iniciativa promovida por e Centros Educativos que participan no programa de Cataventos Escola de Vela e o Clube Maritimo Carrumeiro:- C.E.I.P. O Areal de Camariñas;
- C.E.I.P Ponte do Porto;
- Colexio Manuela Rial;
- C.E.I.P Eugenio López;
- C.E.I.P Santa Eulalia de Dumbría;
- C.E.I.P Mar de Fóra de Fisterra.
Teoría e práctica
Logo das sesións teóricas recibidas polos alumnos durante o mes de marzo nas cales se incluía ademais de teoría da navegación a vela, coidado e conservación do medio mariño e metereología, os alumnos comezan ao saír ao mar para experimentar en primeira persoa as sensacións que ofrece o mar e comprobando as diferenzas metereologicas que xorden ao longo das sesións.
As embarcacións utilizadas ademais dos barcos escola, cóntase con pequenos veleiros para un ou dous tripulantes e unha pequena flota de Kaiak`s na que os alumnos realizan rutas nas rías.
Este proxecto realízase grazas á colaboración dos Clubs Náuticos locais, Concellos, Centros Educativos e co patrocinio das Empresas Ferroatlantica, Conservas Boya e a Secretaria Xeral para ou Deporte.
Novas relacionadas
- O mar volve ás escolas de Cee e xa chega ás de Dumbría e Fisterra.
- Máis de 170 embarcacións tinguiron de branco a ría de Corcubión.
- 2011: Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela.
- O nordés dificultou a regata máis numerosa da ría de Corcubión.
- 2011: O mar volveu á escola en Camariñas e Cee.
- 2010: Os alumnos do Manuela Rial achéganse ao mar con Cataventos.
- 2009: Estudiando o mar na Escola .
- 2008: Os mozos de Cee comezan un curso de vela con Cataventos .
- APEM e Aspadex volven ao mar.
Fonte
- Nota de prensa do Clube Marítimo Carrumeiro.