6.000 persoas e 200.000 € de negocio afianzan a Fenaucam tras esta 3ª edición
Novo éxito, en todos os sentidos, o colleitado polo Club Náutico de Camariñas na III Feira Náutica de Camariñas. A fin de semana foi completísima na vila encaixeira, que se puxo o traxe de augas para recibir a unhas 6.000 persoas na capar desta xa consagrada FENAUCAM 2019.
Unha feira que este ano tivo nas actividades escolares unha das grandes novidades, así durante o venres Camariñas recibiu a visita de 300 alumnos/as de colexios e Institutos de Camariñas, Ponte do Porto e Malpica. Foron algúns dos 700 que tiveron interese e montar na lancha de Salvamento e Garda Civil. Foi precisamente o simulacro de salvamento con helicóptero e lancha Altair un dos eventos que máis deixaron alucinados aos escolares.
Como non podía ser doutro xeito, foi importante presencia de autoridades, tanto a nivel político, como social e militar. Pero sobre todo, centos de persoas interesadas nos eventos, charlas, conferencias diversas, proxeccións, presentacións literarias, bautismos de buceo, exposicións fotográficas, pintura, maquetas navais, homenaxes e recoñecementos como a entrega do premio especial FENAUCAM 2019 aos actores e actrices da serie “Mareas Vivas” e onde se contou coa presencia de Isabel Blanco, Patricia Fernández e Xaquín Caamaño en representación de todos eles.
Emotivo tamén foi o nomeamento de embaixadores do Club Náutico de Camariñas, na persoa de Xosé-Luis Blanco (Santiago), Alberto Artaza (A Coruña), José Ramón Ayora (Costa da Morte) e Bernard Bourdiol (La Rochelle-Francia), etc…
Destacaron as propostas de conferencias, moi frecuentadas e animadas, que serviron para homenaxear a personalidades locais como Raúl Mosquera, que patentou un halador de redes, ou Pepe Baña, pionero no estudo dos naufraxios. Sobre Jose Baña Heim disertou Rafael Lema, ex alumno do profesor de Camelle, do que destacou a súa aposta por limpar o nome da Costa da Morte da lenda negra dos raqueros e o carácter de innovación educativa a varios niveis do seu proxecto en 1974.
Xosé Luís Blanco Campaña reclamou unha rúa para o falecido profesor nunha mesa que contou coa presenza da súa filla Amparo Baña e outros familiares.
Alta cifra de negocio
Miles de visitas que fixeron posible tamén unha importante cifra de negocio no total das ventas comerciais, coa venta de iates, embarcacións, artículos náuticos, textil, artesanía, e outros sectores representados na feira náutica, poidendo chegar a máis de 200.000 € a cifra de negocio que se deu nos 3 días nos que Camariñas se converteu na capital galega da náutica.
A entidade organizadora aproveita para agradecer a colaboración de Abanca, como patrocinador principal, así como institucións que colaboraron (Deputación da Coruña, Consellería do Mar, Armada Española, Concello de Camariñas e Laxe, Salvamento Marítimo, Fundación Exponav ), entidades como Abanca, Suministros Lar, Museo do Mar de Noia, Cerdeimar, Real Liga Naval Española, Fundación Titanic, Cofradía de Camariñas, Xadrez Náutico Camariñas, etc.
IV Edición
Xa están pensando na IV edición, que terá lugar os días 12, 13 e 14 de junio de 2020, e onde se contará cunha ampla carpa totalmente dedicada ao mundo da náutica, outra carpa dedicada ao sector do Turismo Costa da Morte e sector comercial e finalmente unha zona especial dedicada a rica gastronomía da nosa terra, ademais de actividades fora da carpa e na zona de mar, con especial atención ao eido escolar.
Novas relacionadas