Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A bitácora da semana (CCVIII): Outro lado. O blog da Área de Igualdade de Camariñas

A bitácora da semana (CCVIII): Outro lado. O blog da Área de Igualdade de Camariñas
Pincha na imaxe para ir ao blog de Igualdalde de Camariñas Outro Lado

Hoxe imos de estrea, i é que a Área de Igualdade do Concello de Camariñas vén de estrear o seu novo blog: Outro lado. Así o facían público onte no I.E.S Pedra da Aguía de Ponte do Porto.

Imaxe da presentacion do blog de Igualdade no IES da Ponte do Porto

Este blog nace co desexo de ser precisamente "Outro Lado", un espazo alternativo que sexa unha ferramenta de visibilización, concienciación e sensibilización, que axude a converternos nunha sociedade máis igualitaria. Un espazo que utiliza as TIC como unha potentísima ferramenta de visibilización e comunicación.

O acto serviu ademais para presentar o Concurso Fotográfico “Implícate” na Igualdade, que organizamos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Promoción Turística de Camariñas, a través das redes sociais, que se levará a cabo dende o venres día 15 de marzo ata o 14 de abril a través do Facebook e Instagram da Area de Igualdade.

Xa podedes seguir o programa a través do Facebook (facebook.com/igualdade.camarinas) Twitter (@MullerCamariñas) e Instagram (@outrolado).


Bitácoras da Costa da Morte

Fonte

Comentarios