Venres. 26.04.2024
El tiempo

A bitácora da semana (CC): Jorge Parri co Fútbol da Costa

A bitácora da semana (CC): Jorge Parri co Fútbol da Costa
Pincha na imaxe para visitar o blog de Jorge Parri

Como nos gusta celebrar o número 200 nesta sección da Bitácora da semana, cun espazo tan especial para nós. Aí temos xa na rede a Jorge Parri, un dos maiores fotocolaboradores de QPC. Unha desas persoas, que por amor ao deporte, e á Costa da Morte, percorre os campos, os pavillóns... da bisbarra coa cámara en man. E só por darlle un impulso ao deporte costeiro, para que se vexa que aquí temos calidade.

Jorge cada venres repasa a Axenda Deportiva de QPC para facer un plan de visitas, cámara ó lombo, pola Costa. E todo ese material quere recollelo na rede.

Jorge Parri presenta o seu espectacular blog, centrado no #fútboldaCosta. Conta cun pouco de todo, dende galerías de partidos, a repasos especiais de todos os equipos da Costa, ademais dunha enquisa semanal para que sexa a propia xente a que lle faga a grella de partidos.

Foi un pracer meterlle unha man a Jorge na colleita e organización da información no blog. É o menos que podemos facer por unha desas persoas que aman o deporte da Costa.


Bitácoras da Costa da Morte

Fonte

Comentarios