Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Casa de Man de Camelle acolle unha exposición de pintura naval

A Casa de Man de Camelle acolle unha exposición de pintura naval
exposicion pintura naval camelle A mostra poderase ver todas as fins de semana en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas Unha exposición de pintura naval, de Rosa Pereda, chega á Casa de Man de Camelle. A mostra, organizadada polo Grupo de Acción Local Pesqueira da Costa da Morte (GALP) coa colaboración do concello de Camariñas, inaugurarase o vindeiro sábado, día 28, ás 12 horas. Está formada por trinta cadros de barcos naufragados na costa coruñesa e retratos de personaxes vinculadas ao naufraxios o que fan que sexa a primeira colección pictórica exclusivamente de temática mariña. A mostra poderase visitar durante un mes todas fins de semana en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas. Esta exposición é a culminación a dous anos de colaboración investigando imaxes e documentos do libro "Costa da Morte. Naufragios", de Rafael Lema, coa pintora natural da Coruña e afincada en Laxe, Rosa Pereda. Ambos son membros da Real Liga Naval Española. Os cadros recollen naufraxios como o do HMS Captain, HMS Serpent, Great Liverpool, Natalia, Nil, Mar Egeo, Urquiola, Yeoman, Cason, Adelaida, Prestige, N S Concepción, Trevider, Blas de Lezo, Castillo Monteagudo, Kenmore, City of Agra, Santa Isabel, Nao Anunciada. Tamén hai unha recreación da batalla naval de Fisterra de 1805. Entre os retratos aparecen personaxes como Martín Padilla (que perdeu 25 barcos da súa armada en Fisterra no ano 1596); George Chirgwing (único supervivinte do Iris Hull en 1883); Kitty Smith (vitima do Trinacria en 1893 e que foi enterrada no Cemiterio dos Ingleses de Camariñas); Elena Archer (que faleceu no naufraxio do Great Liverpool en 1846); Francisca Dovell (muller do capitán do Adelaida naufragado en Laxe en 1850); o capitán Cowper Phipps Coles (deseñou o Captain.) e o capitán Guppy del SS Trevider (perdido en Camelle en 1911). Novas relacionadas Fonte  

Comentarios