Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa brindou o primeiro agradecemento público aos voluntarios con Encaixe

A Costa brindou o primeiro agradecemento público aos voluntarios con Encaixe

Simbólica e emotiva homenaxe que a Costa da morte brindou aos voluntarios do Prestige no marco da Mostra do Encaixe de Camariñas 2012. O pasado xoves, a Mostra tinguiase de solidariedade para celebrar o encontro do voluntariado galego, una iniciativa que xurde do acordo asinado entre o concello e a Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), que promove o proxecto Galicia en Color – Rede de reencontros 10 anos despois. Unha campaña que nace con motivo do décimo aniversario do afundimento do Prestige para agradecer a labor da Mera Branca nas tarefas de limpeza do litoral galego.

Foron máis de medio centenar de voluntarios e voluntarias as que se deron cita en Camariñas para participar nunha mesa redonda, moderada polo xornalista e delegado del Correo Gallego, Jesús Trillo, onde estiveron presentes os voceiros de diversos sectores implicados durante a crise ocasionada polo accidente marítimo do petroleiro.
O presidente da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, Juan de Sola abriu o tempo de exposicións, facendo unha autocrítica sobre sa xestión dos Medios de Información durante catástrofe do Prestige. De Sola quixo separar as decisións empresariais das responsabilidades profesionais de cada xornalista, asegurando que “malia que o tratamento informativo non foi o correcto, tamén houbo profesionais responsables e comprometidos co movemento social xurdido en 2002”. Neste senso destacou o papel do voluntariado, explicando que “foi un movemento sen precedentes e un exemplo irrepetible.”

O sector da pesca estivo representado por Luís Rodríguez, presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar – Armega), un dos que coidaron e organizaron as batidas de limpeza na vila de Corcubión. Quen foi moi critico coa repercusión do naufraxio no sector marítimo e coa situación pesqueira actual. Rodríguez declarou que “se está a vivir actualmente un Prestige encuberto, debido a baixa produtividade, e o descenso dos prezos e recursos”. O presidente de Asoar tamén tivo palabras de agradecemento á Marea Branca, asegurando que “a masa solidaria foi quen de facer fronte a unha situación difícil, deixando unha gran aprendizaxe na xente do mar da Costa da Morte.”

Na mesa redonda tamén estivo o presidente da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (ANAV), Federico de la Fuente quen distinguiu entre o voluntariado da Marea Branca, e o das entidades ás que el representa, definindo este movemento como a Marea Laranxa. Segundo explicou de la Fuente, este sector do voluntariado era o encargado das tarefas de coordinación e dos servizos de “Mans Limpas.”

A xefa de servizo de Voluntariado Galego, Olalla Alvarellos, dou conta dos cambios lexislativos e administrativos que supuxo a chegada masiva de voluntarios e voluntarias. “Durante o Prestige creouse a Dirección Xeral de Voluntariado e unha línea telefónica para xestionar a chegada da Marea Branca”. Alvarellos non se quixo esquecer da labor das empresas que colaboraron aportando suministros e financiando proxectos de desenvolvemento na Costa da Morte. “Os voluntarios foron persoas individuais, pero tamén foron empresas” engadiu.

Tamén falou o artista e profesor da Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais de Galicia, Antón Sobral, tratou sobre a figura de Man, o alemán de Camelle, coñecido polo seu traballo como artista polifacético e por ser un gran amante da natureza. “Man non tiña intereses mediáticos, vivía en autenticidade e transmitía esa filosofía a toda a súa obra.” Sobral recalcou a importancia de recuperar o traballo do alemán de Camelle que morreu despois do accidente do Prestige e que deixou un museo natural “que supón un atractivo turístico e cultural para zona.”

A visión medioambiental aportouna Manuel Soto, que en 2002 era o presidente da Asociación Ecoloxista Adega. Souto asegurou que o Prestige foi un accidente, repetible e “causado por políticas económicas desconsideradas co entorno.” Segundo Souto, do Prestige aprendeuse que “fracasamos nas relación entre as mareas negras e a contaminación.” Referindose así aos distintos tipos de ameazas que experimenta o mar e o medioambiente, produto da falta de infraestruturas e aposta polo sector.

A Costa da Morte en Save de beach

Tremenda a aposta da Costa da Morte no marco da campaña de Corita Save de Beach. Coronita, xunto a Coca-Cola, Gadisa e a Deputación realizarán a presentación de varias propostas no marco do Galicia en Cor. O acto de presentación consistirá nunha viaxe en barco pola ría de Fisterra, no que se poderá apreciar o fondo mariño e as cores do litoral galego máis afectado polo Prestige. A ruta chegará ata Faro de Fisterra (Patrimonio Europeo) e desde o mar poderase gozar da considerada internacionalmente como a mellor Posta de Sol. Logo de presenciar en directo un dos momentos máis máxicos do "Fin da Terra", poderase apreciar como por primeira vez o Faro de Fisterra iluminarase exteriormente, simbolizando así a adhesión ao agradecemento. Posteriormente mentres se inicia a viaxe de regreso a porto, gozarase dun aperitivo con produtos da zona.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da APTCM.

Comentarios