Venres. 05.06.2020
El tiempo

A Costa da Morte, o centro do surf da península

A Costa da Morte, o centro do surf da península
Así o sinala o novo Presidente da Federación Galega de Surf, o malpicán Juan José Rodriguez Hierro. "Non pode ser que teñamos 3 campamentos de surf na Costa da Morte, sendo os dous de Razo os máis importantes do territorio nacional, e que non teñamos canteira. E aínda por riba agora a Federación Galega ten sede en Malpica! Hai que unirse, facer forza e facer da Costa da Morte o epicentro do surf de toda a península". Da falla de canteira, aínda hai moito que dicir, i é que como xa vimos a semana pasada  un pequeno bergantiñán exhíbese por Europa adiante coa táboa... I é que non somos concientes do potencial turístico deste recurso. Os campamentos de surf enchen a Costa cada verán de amantes da táboa. As zonas de Malpica (SilfoCamps) e de Razo (cos campamentos Art Surf Camp e Raz Surf Camp) reciben milleiros de visitantes que pasan dende unha semana ata un mes apredendo a tomar olas e a disfrutar da festa costimorteña e do noso espacio natural.

Unha zona privilexiada para a práctica do surf

I é que o potencial da nosa bisbarra é impresionante. Pablo Rodríguez, de Art Surf Camp, recoñece que tras probas as olas dos 5 continentes, "a Costa da Morte ten unha situación xeográfica privilexiada. Non hai lugar no mundo onde haia tantas praias con boas olas. Creo que entre Ferrol e Noia hai máis praias axeitadas para a práctica do surf que en toda a península".

Máis campamentos

A única problemática é a de sempre: os localismos. No canto de decatarnos que unindo forzas conseguiremos achegar máis xente, os novos campamentos son moitas veces vistos como inimigos, como rivais. Aínda quenda zonas onde un campamento daría moita vida. Que hai de Nemiña? que hai do Rostro? Un campamento acheguaría polo verán centos de amantes das olas á bisbarra á comarca de Fisterra dinamizaría a zona e de que xeito. Aí queda a iniciativa dos grupos de surf da zona, que poderían vivir da súa pasión e que polo inverno seguirían disfrutando, con exclusividade, as mellores praias do país.

Sinerxias entre surf e turismo

Algo moi semellante ocorre, o problema localista, no sector turístico. Con todo, dende a APTCM levan demostrando que aunando forzas, o que se consegue é máis pan para todos. E por certo, por que non unha unión entre APTCM e os campamentos de surf da Costa da Morte? Para APTCM sería un produto máis co que promocionar a bisbarra, e para os campamentos sería publicidade gratuita e específica. Gañamos todos.

Art Surf Camp

ART SURF CAMP 2010. CAMPAMENTOS Y ESCUELA EN RAZO-GALICIA from Artsurfcamp on Vimeo.

Raz Surf Camp

Silfo Camps

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios