Malpica convírtese no epicentro do surf do país

12:13 27/01/11

O futuro do surf na Costa da Morte
Preguntámoslle ao propio Silfo, como se lle coñece a Juan José nos circuitos, sobre o futuro do surf. Amósase moi optimista asegurando que "este ano será un ano especial, xa que contaremos con retransmisión da televisión de todo os campionatos celebrados en Galiza, e de todo os deportistas galegos que compitan no circuito nacional".Unha Costa surfeira
Non cabe dúbida de que a nosa zona é unha das máis punteiras en canto a deportes náuticos se refire, e o surf non é unha excepción. Máis ben, todo o contrario. O sur na Costa da Morte é case unha relixión e son centos de mozos os que practican este fermoso deporte ao longo de todo o ano. Un Club e Escola de Surf, (precisamente o de SilfoCamps de Malpica), outro clube na zona de Muxía (Os Tombos), varios campionatos cada verán como o de Malpica, o de Lariño ou o de Soesto, e unha web de referencia neste deporte como Surf Costa da Morte, dan boa fe da longa vida do surf na nosa bisbarra.Novas relacionadas
- Unha curta de surf e Man.
- I Caldeirada Surf: O surf integrado en Malpica.
- Surfeando na praia de Soesto.
- O surf chega a Malpica .
- Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
Máis novas
- A bitácora da semana (XCV): Costa da Morte Kayak Surf.
- A bitácora da semana (LXVI): O blog do Clube de Surf Os Tombos.
- A bitácora da semana (IV): Surf na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Federación Galega de Surf.