![A Bica de Vimianzo será un dos productos expostos en Xantar]()
A Bica de Vimianzo será un dos productos expostos o venres en "Xantar"
Xantar é o
Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se desenvolve dende hoxe e ata o domingo en Ourense e que xa vai pola súa dezasete edición. Ata aquí desprazaranse varios concellos da Costa Morte para amosar os seus productos e as mellores iniciativas culinarias.
O
bolo do pote de Mazaricos, as
algas e ourizos de Camariñas, os
pinchos irmandiños de Vimianzo,
as filloas de Zas, os produtos do mar de Arousa, o queixo de Arzúa ou os pementos de Narón son algúns dos produtos estrela que chegarán a Xantar da man da área de Turismo da Deputación, que preside o nacionalista Xosé Regueira.
Showcooking e degustacións permitirán ao público achegarse a un tesouro gastronómico que é chave no turismo de calidade dos distintos destinos da Coruña.
O Bolo do Pote
Dende Mazaricos mobilizan a festa tradcional do Bolo do Pote, e farán un showcooking este xoves ás 20:00h no Salón Internacional de Turismo Gastronómico.
Non irán, pero deberían, estas filloas do Entruido de Lola, que cazaron as xentes de Eu Son Mazaricos:
Os pinchos de Vimianzo
Será o venres, 5 de febreiro, o día no que o concello de Vimianzo mostre na feira gastronómica Xantar os produtos do municipio. Durante toda a xornada no
stand da Deputación Provincial da Coruña poderase degustar
Bica de Vimianzo e
Pedras do Castelo. Ás 20 horas terá lugar unha
showcooking sobre os
Pinchos Irmandiños e a
festa do Asalto ao Castelo. A presentación correrá a cargo do gastrónomo e historiador
Jorge Guitián e da cociñeira
Anna Mayer.
Durante toda a feira no
stand da Deputación Provincial da Coruña haberá información impresa e audiovisual sobre o concello vimincés.
Camariñas
Pola súa banda, Camariñas participa tamén no 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar baixo o lema
"Camariñas o mar todo. De saberes, mar de sabores y de sabores, mar de saberes".
Ata aquí levarán algún dos productos únicos da vila como as
conservas elaboradas por Cerdeimar, onde se poderán degustar, as
delicatesen de pescados Pedreira - unha empresa de Arou que elabora de xeito artesanal un caviar de ourizo - e os orixinais
ovos de pascua elaborados por Artesanía en postres Silvina. Ademáis, as conservas de Cerdeimar estarán presentes na aula gastronómica de Xantar que terá lugar o sábado e o domingo de 12:30 a 13:30 horas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello Vimianzo
- Concello Camariñas