![lonxa-malpica-]()
Como cada primeiro de ano, toca facer balance do ano anterior. Nesta ocasión, tócalle o turno ao
sector pesqueiro da Costa da Morte.
E a boa nova é para a
lonxa de Malpica de Bergantiños; xa que durante o 2014 comerciliazou un
93% máis de producto fresco ca no ano anterior, o 2013. Desta forma, a lonxa malpicana sitúase como a segunda máis importante da Costa da Morte. En total, foron
2.095 toneladas de peixe fresco as que pasaron por aquí, supoñendo un importe de 2,7 millóns de euros.
O balance do 2014 tamén é positivo para a
lonxa de Camariñas, que se mantén como a máis importante da Costa da Morte. Aquí descargáronse 2,796 toneladas de peixe por un importe total de 2,9 millóns de euros. Isto supón case un
50% máis de capturas que no ano 2013.
Esta cifra posiciona á lonxa de Camariñas no
oitavo posto a nivel galego.
Estes datos recolléronse nestes días nos perfís do Facebook de
Malpica. O mar de Sisarga e
Camariñas, todo Mar. Costa da Morte.