A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas

Non deixa de crecer a Mostra do Encaixe de Camariñas. E o fai tanto en número de países participantes, como en número de visitantes. Este 2014 foron 12 os países presentes en Camariñas, estreando un encaixe moi importante, o de Brasil, que abre un abano tremendamente interesante a nivel económico. Pero ademais, a cifra que nos manda a organización, de 20.000 visitantes nos 5 días de Mostra, implica un novo aumento con respecto a anos anteriores, sendo o venres o día de maior afluencia.
Así e todo, un cabalo de batalla aínda sen vencer é o das pernoctacións, que deberían consolidarse como importante motor económico e aínda non se reflicte nos número.

Foron moitas as frontes abertas, implicando a todas as idades, e facendo da artesanía e tradición, arte e economía. Un exemplo, o Concurso de Noveis Deseñadores, probablemente a cita máis importante de toda a Mostra, que este curso gañou unha deseñadora de Moaña, Eva María Trezado Carro, que ademais tamén recibiíu o Premio Especial do Público, por diante das lucenses Sara Lage González e Lorena Grandío, cun terceiro premio para Mónica Guillán González, de Cambados.

Houbo moitas máis cousas, pero os desfiles seguen a ser o principal reclamo da Mostra, demostrando que o encaixe conseguiuse colar no mundo da moda. As do sábado foron as citas cos deseñadores máis importantes, entre eles o director da pasarela Franco Quintáns, que ademais presentou uns traxes negros tremendamente elegantes.
Singular foi a posta en escena do pase do coruñés José Matteos, pois a violonista Judith Mateo acompañou o pase presentando o primeiro single do seu novo disco. A coñecida violinista gravou os videos e as fotografías para o seu disco en Camariñas, lucindo encaixe de Camariñas con deseños de coruñés. Ademais, durante a mañá do sábado tamén os Ana Cabranes, Emilio Salinas, Esteban Fritiría, Devota&Lomba, Oky Coky, Rubén Perlotti e Janet Shulz foron os outros rostros recoñecidos que exhibiron as súas pezas nesta pasarela.

Pequeencaixe

Unha das citas máis esperadas polo público local foi a participación das nenas locais, que demostraron ademais que o encaixe ten canteira. Xa durante a inauguración do venres se viron os primeiros vestidos, pero durante o resto da fin de semana puidemos comprobar que a Mostra ten relevo, coas nenas da Escola de Palillo de Camariñas palillando, e recollendo os agasallos Coast.

Interesantes conclusións no Encontro de Bloggers

E moi intenteresante o II Encontro de Blogers, dirixido polo diseñador Franco Quintáns, no que cinco blogueiras disertaron sobre a moda actual e a importancia do encaixe de Camariñas. Quintáns recoñeceu que este produto está moito máis valorado noutros países, e que en Nova York a xente "alucina" co encaixe de Camariñas, xa que é un valor engadido nas pezas, e alí a xente "valora" o traballo que supón facer este tipo de pezas. O diseñador vigués afincado en Marbella, Esteban Fritiría, cre que o encaixe de Camariñas "é moi barato" tendo en conta o esforzo que supón.

Encaixe para mobles

Houbo outras novidades, como a presentación de aplicacións de encaixe de Decoraciones Alberto, de Camariñas, nun dormitorio. Ou a exposición de Juan Ares, un diseñador interiorista de Boiro que demostrou que o percorrido do Encaixe na moblería só acaba de comezar, cunhas aplicacións de encaixe na madeira impresionantes.

Encontro de Palilleiras

Máis de 200 artesás chegadas desde diferentes lugares de España, participaron no Encontro de Palilleiras da Mostra. Unha demostración da cantidade de persoas adicadas a esta tradición feita motor económico. Ademais, os talleres e demostracións foron unha constante ao longo dos 5 días de mostra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Nota de prensa de RDF Comunicación.