Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Tres mulleres da Costa da Morte participan no concurso de Novos Deseñadores de Camariñas

Tres mulleres da Costa da Morte participan no concurso de Novos Deseñadores de Camariñas
A colección Birds da ceense Jesica Coiradas na Mostra de Encaixe de Camariñas 2013

Sen lugar a dúbidas é o concurso de Novos Deseñadores o cumio da Mostra do Encaixe de Camariñas. E este ano, teremos presencia costeira xa que tres mulleres da Costa da Morte participan este ano no certame. Dous das participantes son de Camariñas: María Campaña López e Cathy Mouzo de León, e a terceira, Jesica Coiradas Caamaño é do municipio veciño de Cee.

Jesica Coiradas é a máis nova (27 anos) e leste será o segundo ano que compite por un premio no certamen, mentres que as súas compañeiras xa son máis veteranas e acoden por quinta vez ao concurso. As tres confían en obter o recoñecemento do xurado nos seus traballos, que van desde moda nupcial ata coleccións urbanas. Mouzo de León xa conseguiu o primeiro premio e o recoñecemento do público en edicións anteriores e espera repetir éxitos.

Jesica Coiradas estreouse o ano pasado coa colección Birds -os deseños incluían unha gaiola na cabeza- que malia a súa orixinalidade non puido facerse con algún dos premios. A moza ceense espera convencer ao xurado coas propostas deste ano, roupa de rúa inspirada en modelos tradicionais.

María Campaña quedou como finalista noutras edicións, pero tampouco conseguiu algún dos premios nas súas coleccións de noiva, festa e rúa, polo que este ano espera convencer ao xurado. A concursante defende que os seus traballos son coleccións “comerciais” con produtos de gran calidade.

No concurso de Mozos Diseñadores foron seleccionadas 28 propostas chegadas desde diferentes lugares de Galicia, do resto de España e de Portugal. En total recibíronse case un centenar de traballos de gran calidade, aínda que debido ás limitacións de tempo e espazo só puideron seleccionarse 28. Os desfiles de modistos noveles e de recoñecidos diseñadores son un dos principais atractivos do certamen, ao que este ano se unirá o Pequeencaixe, onde as 41 nenas da Escola Municipal de Palillo lucirán os seus propios traballos.

Novas relacionadas

Semana Santa 2014

Fonte

  • Nota de prensa de RDF Comunicación.

Comentarios