Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Mostra do Encaixe ficha por unha multinacional e promociona o encontro de Bloggers

A Mostra do Encaixe ficha por unha multinacional e promociona o encontro de Bloggers
presentacion da Mostra do Encaixe en Santiago

Tiña lugar onte a presentación oficial en Santiago de Compostela da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas, xusto unha semana antes da súa inauguración, que será o 16 de abril e clausurarase o 20. Ademais de desvelar as principais novidades desta edición, a concelleira Sandra Ínsua anunciou que unha multinacional promocionará nos próximos meses o encaixe de Camariñas por América. Segundo indicou, a empresa “que prefire manterse no anonimato" encargou pezas por valor de 30.000 euros para incluír nun agasallo institucional nunha convención a nivel mundial que se celebrará nos próximos meses no continente americano. Trátase principalmente de manteles individuais e salvamanteles”.
Sen dúbida un impulso promocional pero tamén un impulso económico pois o pedido ten que estar listo en xullo, e as artesanas xa están traballando arreo para o teren listo.

E artesanía tamén vai presentar o diseñador Juan Ares, que levará en exclusiva na Mostra dúas pezas de mobiliario con aplicacións de encaixe de Camariñas: un espello denominado Nove Ondas, inspirado no ritual da praia da Lazada, e unha licorera, Ultramar, que se inspira na estética corsaria, segundo avanzou onte o artista.
O diseñador Franco Quintáns tamén aposta polo encaixe de Camariñas nas súas coleccións e subliñou que xa foi incorporado nos seus traballos presentados en grandes cidades como Nova York, Milán ou París. “Hai que ter en conta que é algo artesano. É arte con mayúsculas, que hai que saber aplicar e vender. E unha artesanía como tal tampouco pode masificarse”, afirmou Quintáns.
Pero na pasarela poderanse ver recoñecidos modistos e firmas a nivel nacional: Ana Cabranes (Asturias), Emilio Salinas (Madrid), Esteban Fritiría (galego afincado en Málaga), José Matteos (A Coruña), Devota&Lomba (Madrid), Oky Coky (Pontevedra), Rubén Perlotti (Barcelona) e a firma de complementos Janet Shulz (Pontevedra).

O Spot

Xa ten spot a XXIV Mostra do Encaixe:

II Encontro de Bloggers

Mostra do Encaixe de Camarinas 2014

No II Encontro de Bloggers que se celebrará durante o certamen haberá cinco participantes que axudarán a lanzar o evento a nivel nacional e internacional. Se trata de Lucía Lourido, Marta López Ogando, Eva González Domínguez, Lorena Acha e o grupo formado por Sofía Centeno e Estefanía Cal como fotógrafas e Laura García como estilista. O fotógrafo de moda Máximo Arroyo tamén estará presente no certamen.

Lucía Lourido

Lucía Lourido é tradutora e intérprete de francés, inglés, galego e español, licenciada pola Universidade de Vigo e intérprete xurada de español-francés nomeada polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.
Durante tres anos viviu en Italia, Francia e Reino Unido. Agora, de volta a Pontevedra, cóntanos as súas reflexións, anécdotas e experiencias no mundo da moda no seu blog. Colabora, ademais, co diario digital de PontevedraViva, a revista incline Sanación Natural e próximamente o portal para mulleres emprendedoras, Womenalia.

Marta López Ogando

Pontevedra, 1987. Reside en Madrid desde 2005. Licenciada en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas abriu a súa blog en mayo do 2013 como proxecto dun curso de coolhunting na Central Saint Martins. O seu blog está centrado en tendencias, coolhunting e estilo de vida. Actualmente, Marta é a responsable de comunicación e redes sociais da firma Lamuss by Sonia Giordani.

Eva González Domínguez

Sanxenxo, 1981. O seu blog nace no 2010 e consta de 10 seccións perfectamente diferenciadas entre as que destacan Outfits, Eventos, Desfiles e Sorteos a través dos cales trata de mostrar a súa visión da moda, os diferentes aspectos deste mundo e dar a coñecer aos seus lectores cada tenda online, artesano ou diseñador que ten o gusto de coñecer.

Sofía Centeno, Estefanía Cal (fotógrafa) e Laura García (estilista)

Nyxstyle naceu no outono de 2011 como un blog de moda destinado á publicación de reportaxes fotográficas. Centrando o seu traballo na provincia de Pontevedra, desde os seus inicios contou coa colaboración de marcas e publicacións locais chegando aos poucos a incluír entre as súas sponsors a nomes máis recoñecidos e ver como os seus proxectos lograban un maior alcance.
Hoxe en día, vai camiño de converterse nunha revista digital con contidos diarios de tendencias, moda, beleza, viaxes, vídeo, streetstyle, shopping online, looks do día, pasarelas, sorteos e lifestyle. Máis que un blog, Nyxstyle é a fusión de moda e fotografía.
A traxectoria de Nyxstyle foi premiada en dúas ocasións a nivel autonómico e nacional, co 1º Premio Mellor Blog de Moda Galego 2012 MEXILONSETUITS e Finalista Mellor Blog de Moda MULLER IT (Revista Muller Hoy).

Lorena Acha

Cambadesa de 23 anos que inaugurou este espazo dedicado á moda e tendencias en xullo de 2011, no que mantén aos seus seguidores informados de toda a actualidade do mundo da moda. cubriu eventos como Galicia Fashion Week ou a pasarela Pontus Veteris. Participou nas primeiras Xornadas de Blogs de Moda e Comercio Electrónico organizadas por Ecom Fashion Blog. Asistiu como blogger colaboradora ás edicións de Arosa Noivas ou colaboradora habitual con diversas páxinas web e tendas do sector. Actualmente forma parte do proxecto #esTendencia do Centro Comercial Arousa, situado en Vilagarcía de Arousa, xunto con outras bloggers da comarca. A través das redes sociais vinculadas ao blog, Facebook e Twitter, Lorena non só comparte os contidos do mesmo, senón imaxes da súa día a día ou curiosidades do mundo da moda.

Novas relacionadas

Semana Santa 2014

Fonte

  • Nota de prensa de RDF Comunicación.

Comentarios