Mércores. 13.11.2019
El tiempo

O Encaixe non ten idade nin sexo

O Encaixe non ten idade nin sexo
Os homes tamen fan encaixe-Foto-Roberto Rua

A nova Xuntanza de Palilleiras de Vimianzo demostrou que o Encaixe non é só cousa de mulleres. Foron máis de 500 as persoas que ateigaron o pavillón municipal vimiancés, todas armadas cos seus enseres para palillar e palillar. E este 7º ano de Xuntanza, os protagonistas foron os homes, e os pequenos, demostrando que hai canteira de sobra.

Chegaron palilleiras de todo o país: Lousame, Viveiro, Foz, Cervo, Burela, Sarria, Ferrol, Neda, Cedeira, Cariño, Ames, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Boiro, Valga, Camariñas, Muxía, Padrón, Burela, Marín, Narón, Fene, Cambre, Salvaterra do Miño, Betanzos, Coirós, Carral, Vilanova de Arousa, Noia, Sada,etc e como non de Vimianzo.

Xuntanza de Palilleiras de Vimianzo-Foto-Roberto Rua Imaxe da Xuntanza de Palilleiras de Vimianzo-Foto-Roberto Rua

E cómpre destacar a presencia de varias palilleiras de renome, como Ernesta Miñones, a vimiancesa máis maior na Xuntanza aos seus 82 anos.

Ernesta Minones de 82 anos la palilleira mais vella de Vimianzo na xuntanza-Foto-Roberto Rua

Aínda lle faltan a Ernesta uns cantos para alcanzar á viveirense Isabel García, de 95 anos, á que o Concello quixo obsequiar por se a máis maior de toda a cita.

Comprobamos así como a mestura xeracional fai deste saber tradicional un tesouro patrimonial.

A palilleira de Viveiro Isabel Garcia de 95 anos-Foto-Roberto Rua

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios