Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha empresa de Camariñas innova na Mostra fusionando madeira, vidro e encaixe

Unha empresa de Camariñas innova na Mostra fusionando madeira, vidro e encaixe
Leons de Encaixe-Foto-Franco Quintans

Xa non queda nada, pero as novidades entorno á Mostra do Encaixe de Camariñas seguen medrando. Hoxe, contamos que unha empresa de Camariñas, Decoraciones Alberto, presentará en exclusiva na Mostra do Encaixe unha exposición na que fusiona madeira, vidro e encaixe, que supoñerá unha auténtica revolución para o certamen. Trátase dunha habitación de madeira na que incorpora fundidos en cristal con encaixe dentro no cabecero, as mesillas de noite e a coqueta. A madeira está lacada en branco con algúns acabados simulando ferro oxidado. O encaixe que se incorpora é de cor negra para destacar sobre o fondo branco.

Rubén Lema, o responsable da iniciativa, asegura que se trata dunhas pezas “moi orixinais” e confía en que teñan unha boa aceptación dentro do certamen. Lema afirma que xa fai tempo que planeaba facer “algo moi distinto” para a Mostra do Encaixe que chamase a atención do público, pero ata agora non puido facelo. De feito, lamenta que non dispuxese de máis tempo para continuar con máis innovacións nas pezas do mesmo dormitorio. Recoñece que estes días traballan contrarreloxo para telo todo listo para o vindeiro mércores, cando se inaugura o certamen.

Á mostra de Alberto Lema sumarase outra do diseñador interiorista Juan Ares, de Boiro, que tamén aplicará encaixe no mobiliario. Ares presentará o espello “Nove Ondas”, coa incorporación de encaixe conformando variopintas formas geométricas de distinto significado, simulando o ritual da praia da Lanzada, e a licorera “Ultramar”, baseado na estética corsaria. Ares recoñece que o deseño é unha boa forma para promocionar a artesanía e cre que malia a situación actual “a artesanía do encaixe está nun nivel óptimo”.

As dúas exposicións de mobiliario con aplicacións de encaixe son algunhas das principais novidades que se poderán ver neste certamen durante a próxima semana, entre o 16 o 20 de abril. Desfílelos de recoñecidas firmas, diseñadores noveles e as nenas da Escola Municipal de Camariñas no Pequeencaixe, así como distintas artesanías que se exhiben no recinto ferial son outros dos atractivos da Mostra.

Catro recoñecidos diseñadores galegos exhibirán as súas coleccións na Mostra

Franco Quintáns, de Carril-Pontevedra; a firma Oky Coky de Vigo, José Matteos, de A Coruña e Esteban Fritiría, un vigués afincado en Málaga, presentarán os seus traballos exclusivos nesta pasarela. A viguesa Janet Shulz tamén exhibirá diversos complementos, sobre todo tocados. Desde outros lugares de España chegarán Ana Cabranes (Asturias), Emilio Salinas (Madrid), Devota& Lomba (Madrid) e Rubén Perlotti, de Barcelona.

Novas relacionadas

Semana Santa 2014

Fonte

  • Nota de prensa de RDF Comunicación.

Comentarios