Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A RLE pide unha rúa para Baña Heim na súa Camelle natal

A RLE pide unha rúa para Baña Heim na súa Camelle natal
Homenaxe en Camelle a Pepe Bana Heim-Foto-Silke Sobrido Fernando Patricio Cortizo falando na Homenaxe en Camelle a Pepe Baña Heim-Foto-Silke Sobrido

Hai pouco que a Asociación Cultural Naufraxios Galegos rendía unha homenaxe en Camelle ao ilustre José Baña Heim. Unha cita que contou con poetas da bisbarra como Xosé Iglesias e escritores como Fernando Patricio Cortizo, que serviu para lembrar o nome dun dos antigos autores dos que máis aprendimos da nosa propia comarca.

Considera a Real Liga Naval Española, a centenaria institución estatal nacida para o fomento da vida marítima española, que a Costa da Morte e concretamente o Concello de Camariñas está en débeda con este veciño camellán, José Baña Heim, pioneiro no inventario dos naufraxios así como entusiasta defensor da honra dos seus veciños en contra da infamante lenda negra dos raqueiros.

Por todo isto, a RLE vén de solicitar no rexistro municipal de Camariñas unha petición para que o Concello de Camariñas estude a posibilidade de darlle o nome de José Baña Heim a unha rúa de Camelle.

Fonte

  • RLN.

Comentarios