A Senda dos Faros da Deputación conectará 7 faros da Costa da Morte coas súas vilas de referencia
07:26 14/11/18
O cabo corcubionés é un dos que terá unha senda ciclista ata a vila
Fantástica a iniciativa da Deputación da Coruña de unir as vilas da Costa da Morte, e de Ferrolterra, cos seus faros a través de sendas ciclistas. A Senda dos Faros busca conectar 11 faros de Ferrolterra e Costa da Morte coas poboacións máis próximas.
Serán dous proxectos estratéxicos incluidos no Plan Director de Mobilidade Ciclista elaborado polo goberno provincial co obxectivo de “fomentar unha mobilidade máis sustentable e respectuosa co medio ambiente”.
| Faro | Concello | Lonxitude (km) |
| Estaca de Bares | Mañón | 1,7 |
| Cabo Ortegal | Cariño | 3,6 |
| Punta Frouxeira | Valdoviño | 8 |
| Punta Nariga | Malpica | 14 |
| Laxe | Laxe | 1,4 |
| Cabo Vilán | Camariñas | 5 |
| Cabo Touriñán | Muxía | 16 |
| Fisterra | Fisterra | 3 |
| Cabo de Cee | Corcubión | 3,4 |
| Lariño | Carnota | 0,9 |
| Punta Queixal | Muros | 2,6 |
| TOTAL | 59,6 km |