Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A última cea, pero non a última batalla, do cerco en San Caetano

A última cea, pero non a última batalla, do cerco en San Caetano
Campamento do Cerco en San Caetano Campamento do Cerco en San Caetano

A semana pasada tocoulles voltar a casa aos mariñeiros da Coruña, Bueu e Porto do Son. Agora, despois de máis de mes e medio, este omingo día 24 ás 12.00 os mariñeiros do Cerco procederán a levantar o campamento de San Caetano. As tendas de campaña xa non estarán ás portas da Xunta, pero deixan claro, dende a patronal ACERGA, que “non se dá por terminada a loita”.

Antes de recoller as tendas, realizarán unha acción ben simbólica. O sábado día 23 ás 23.00 horas, serán as mulleres do cerco toman a substitución na última noite no campamento de San Caetano. Símbolo do cerco, representarán alí a última cea.

As MUlleres do Cerco con voz propia As Mulleres do Cerco con voz propia

Recoñecen ter conseguidos “grandes avances pero seguimos con accións para poder chegar ao obxectivo marcado que non é outro que a anulación do actual Plan de Xestión do Cantábrico Noroeste”. Por iso, antes do levantamento, realizarán a lectura de comunicados por parte do Presidente de ACERGA, Juan José Branco Agraso e outro da portavos das Mulleres do Cerco que informarán das accións que se levarán a cabo en próximas semanas para conseguir o obxectivo da anulación do Plan de Xestión actual.

Ata 40 alcaldes apoiarán este acto, entre eles, seguro que o de Camariñas, que mesmo ameazaba con encerrarse se non se chega a unha solución rápida.

Completa a Campana Eu apoio ao Cerco Galego Tremendamente exitosa foi a Campaña Eu apoio ao Cerco Galego

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios