Xogando a chave en Corcubión-Foto-Ruth Matilda Anderson en 2914
Publicacion de Ruth Matilda Anderson en Galicia de Jose Luis Cabo Villaverde para o CGAI
Caamaño, Vidal, Solá, Blanco, Suárez… son moitos os fotógrafos que deixaron constancia daquela Galicia dos anos 20. Unha das que máis pegada deixou chegaba do outro lado do Atlántico. Ruth Matilda Anderson chegaba ao porto de Vigo un 7 de agosto de 1924.
En apenas dous anos, realizou dúas completas viaxes polo noso país (a primeira co seu pai Alfred Theodore Anderson e a segunda coa fotógrafa Frances Spalding), sen escatimar esforos nin quilómetros, sumerxíndose en canta corredoira atopaba, e mesmo aprendendo a falar galego para poder falar cos veciños.
Son varias as publicacións que recollen unha parte desta viaxe, como o
libro “Mirada de Antano” da AFundación ou o
libro que Jose Luís Cabo Villaverde coordinou para o CGAI.
Publicación de AFundación da viaxe a Galicia de Ruth Matilda Anderson
Na rede, gracias a fontes como o
GCiencia,
historiadegalicia.gal, ou fantásticas contas de twitter como @GZHai1seculo ou @Garua2015, podemos ir debullando na rede como foi o paso de Ruth pola nosa bisbarra.
O legado (unhas 10.000 fotografías) é un verdadeiro retrato da Galicia dos anos 20, da Costa da Morte dos anos 20. Comezaba a súa primeira viaxe por Muros, e chegaba, facendo o camiño das Leiteiras polo Monte Pindo arriba, ata Cee e mesmo ata Fisterra. Sofren daquela varios abusos “hostaleiros” (aínda típicos nalgún que outro restaurante) e nas memorias lembran con lamento aquela bandada de nenos famélicos que os asaltaron en Fisterra.
Durante esa primeira viaxe deixaron unha boa estampa das vilas de Muros, O Pindo, o Ézaro, e da propia e brava Fisterra. Naqueles días, a familia Anderson disfruta da tranquilidade, da parálise do tempo que vivía a Costa da Morte.
No inverno de 1925 facían a segunda viaxe xa polas terras de Soneira. Vimianzo, Camariñas e Muxía foron o seu destino. Foi en Muxía onde un rapaz de 14 anos, un tal Ramón Caamaño, asaltábaa para ofrecerlle aloxamento e para aprender todo o que puidese. Foi a súa confirmación de que quería ser fotógrafo.
As palilleiras, o secadoiro de congro, ou edificios como o santuario da Barca ou as Torres do Allo, foron algunhas das súas visitas máis interesantes.
Mulleres de Muros-Ruth Matilda Anderson
Defuntos en Muros-Ruth Matilda Anderson
Carro de bois en Muros-Ruth Matilda Andreson
Agra do Pindo-Ruth Matilda Anderso
O Pindo-Fábrica de conservas-Ruth Matilda Anderson
O Pindo-Ruth Matilda Anderson
O Pindo-Ruth Matilda Anderson
O Pindo-Pesca da Traiña-Ruth Matilda Anderson
O Pindo-Cruzando o río Xallas-Ruth Matilda Anderson
Mulleres turrando dunha rede na praia do Ézaro-Ruth Matilda Anderson
As famosas nenas do Ézaro-Ruth Matilda
Mulleres de Caldebarcos-Ruth Matilda Anderson
Corredoira de esterco e toxo en Pedrafigueira -Ruth Matilda Anderson 1924
Leiteras no chan das Laxiñas-Foto-Ruth Matilda Anderson
Leiteras no chan das Laxiñas-Ruth Matilda Anderson 1924
Cruceiro de Quilmas-Ruth Matilda Anderson
Corredoiras do Monte Pindo camiño a Cee-Ruth Matilda Anderson
Famosa foto dun mariñeiro de Fisterra-Ruth Matilda Anderson
Funeral na Igrexa Santa Maria das Areas en Fisterra-Foto-Ruth Matilda Anderson
Casa do Pescador Álvaro Martínez de Fisterra-Ruth Matilda Anderson
Vistas de Muxía-Ruth Matilda Anderson
Secadoiro de Muxía-Ruth Matilda Anderson
Secadoiro de Muxía-Ruth Matilda Anderson
Porto de Muxía-Ruth Matilda Anderson
Palilleiras de Muxía-Ruth Matilda Anderson
Palilleiras de Camariñas-Ruth Matilda Anderson
Vistas de Camariñas-Ruth Matilda Anderson
Castelo de Vimianzo-Ruth Matilda Anderson
Casa con reloxio de sol de Barreiro-Ogas-Vimianzo-Ruth Matilda Anderson
Reloxo de sol da casa de Ogas-Vimianzo-Ruth Matilda Anderson
Familia da Costa da Morte-Ruth Matilda Anderson
Moza da Costa da Morte-Ruth Matilda
Novas relacionadas
Máis novas
https://quepasanacosta.gal/na-casa-de-ramon-caamano/
https://quepasanacosta.gal/o-arquivo-vidal-da-pasos-para-a-sua-declaracion-como-ben-de-interese-cultural/