A Xunta confirma ao Comité que non acepta a proposta da venda das Centrais

15:25 26/07/17

Nota da Consellería
A Xunta informou hoxe aos alcaldes e aos representantes dos traballadores nas fábricas de Ferroatlántica en Galicia da decisión de denegar a solicitude presentada pola compañía. Tras avaliar polo miúdo a documentación, ditaminouse que a solicitude non cumpría cos requisitos necesarios que fixa a lexislación para eliminar a condición esencial prevista na concesión, que consiste fundamentalmente en garantir o mantemento da actividade industrial. Con esta decisión, a Xunta, a través de Augas de Galicia, está a cumprir os compromisos adquiridos desde o primeiro momento e sen variar o seu posicionamento: estar ao lado da lei, respectando o principio de legalidade; e salvagardar o interese público da concesión, que neste caso en concreto está determinado pola continuidade da actividade industrial na comarca da Costa da Morte. Dentro da aposta da Xunta por ofrecer a máxima transparencia e un diálogo permanente, o Goberno galego púxose hoxe mesmo en contacto cos alcaldes e cos comités de empresa das plantas coas que conta Ferroatlántica en Galicia para informarlles da resolución. A resolución autónomica, amparada polo informe da Asesoría Xurídica da Xunta, sinala que a través do proceso plantexado pola empresa non se dan as condicións necesarias nin se cumpren os requisitos legais para suprimir a condición actualmente vixente na concesión, que ten por finalidade garantir o mantemento da actividade industrial e os postos de traballo na Comunidade, polo que carece das condicións que establece a propia concesión de velar polo interese público. A resolución tivo en conta ademais a argumentación presentada tanto pola empresa como polos representantes dos traballadores nas últimas semanas, cando o expediente se encontraba na fase final da súa tramitación. A Administración autonómica avaliou polo miúdo estas alegacións, actuando coa máxima responsabilidade e sendo o máis garantista posible durante todo o procedemento. Valoracións do Comité de Empresa Para o Comité de Ferroatlántica a nova recibida hoxe "vén dar á razón aos argumentos defendidos polos traballadores e traballadoras que, dende hai dez meses, están desenvolvendo unha loita histórica contra a espoliación dos nosos recursos, en defensa dos empregos e o futuro da comarca", sinalan nun comunicado de prensa. Segundo indican os representantes dos traballadores, a negativa de Augas de Galiza confirma "que as pretensións do Grupo Villar Mir son ilegais, por máis que a empresa buscara lexitimar social e xuridicamente esta operación, recorrendo mesmo a prácticas de tipo mafioso. Non é posíbel, e así o defendemos dende o primeiro momento, desvincular a produción enerxética da produción de ferroaliaxes, pois esta unidade é a única garantía do interese público: do mantemento dos empregos, da industrialización da comarca e da actividade nas factorías de Cee e Dumbría", indican. Para a historia quedan as multitudinarias manifestacións do 10 de marzo en Cee e do pasado 8 de xullo en Santiago de Compostela, nas que miles de veciños e veciñas amosaron con rotundidade o rexeito á segregación e venda das nosas centrais. Á espera de coñecer os pormenores da resolución de Augas de Galiza, o Comité non pode deixar de lamentar a demora na resposta da Xunta "nunha cuestión na que a legalidade era ben clara, prorrogando innecesariamente a inquedanza e a preocupación dos traballadores e traballadoras". Por outra banda, dende o Comité de Empresa esperan que esta resolución denegatoria aclare definitivamente que non existe marco legal para que a empresa poida levar adiante a segregación de actividades. "Agardamos que a resolución sexa precisa neste sentido para que non se volva repetir unha situación similar no futuro",reiteran os representantes dos traballadores. Reaccións políticas Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG - Ana Pontón - parabenizou en nome do BNG a todos os traballadores e traballadoras das plantas de Ferroatlántica en CEE e Dumbría, aos alcaldes, a Costa da Morte e a todas as persoas que se mobilizaron durante meses en contra da pretensión de venta ilegal das centrais dos Ríos Xallas e Grande por parte de Villar Mir. “Quero parabenizar a todas as persoas que loitaron en defensa do emprego e do futuro desta comarca, das que plantaron a cara a chantaxe que pretendía Villar Mir”, salientou Pontón, visiblemente satisfeita polo resultado desta mobilización social e política. “Estou convencida que sen esa unidade en defensa do país, do emprego, da dignidade da Costa da Morte e de Galiza o resultado sería radicalmente oposto”. A dirixente do Bloque considera que a resolución “da a razón aos que advertimos e denunciamos que se quería cometer unha ilegalidade e tamén que era unha decisión que iba depender da presión política e social que se conseguira exercer”. O BNG pide a remisión inmediata do texto á Cámara galega. Pese a esta vitoria social, Pontón salienta que non é “a última batalla que queda por dar” en relación ás plantas que Ferroatlántica ten na Costa da Morte, cuxa actividade está vinculada á explotación dunhas centrais polas que a multinacional obtén uns beneficios que deben repercutir en Galiza. En Marea Despois de coñecerse a nova, o voceiro de En Marea - Luís Villares - parabenizou aos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica e a toda a Costa da Morte "pois foi a mobilización cidadá a que logrou garantir o futuro de Ferroatlántica e evitar o expolio dos recursos naturais da comarca". "A situación dende o punto de vista xurídico foi clara dende o primeiro momento", defendeu Villares, para quen "era imposible segregar a produción hidroeléctrica das actividades de ferroaleación porque había un interese xeral en manter unha actividade unida a outra para manter os postos de traballo, que non quedaba garantido coa segregación", suliñou Villares. Sobre a nova da Xunta, tamén falou a portavoz do PP en Cee - Zaira Rodríguez - quen se mostrou "contenta e satisfeita" polo que considera unha "noticia importante e fundamental" para o emprego e o futuro económico da comarca. "O presidente da Xunta comprometeuse a estar sempre ao lado da lei, respetar o principio de legalidade e salvagardar o interese público da concesión", sinalou Zaira Rodríguez.Novas do #CasoFerroatlántica
- 17-07-17: Nin López Madrid desatasca o conflito de Ferroatlántica.
- 11-07-17: Os traballadores de Ferroatlántica pensan nun novo calendario de mobilizacións se a Xunta non se pronuncia.
- 08-07-17: A Costa da Morte responde cunha gran manifestación en Compostela polos postos de traballo de Ferroatlántica
- 07-07-17: Todos os grupos da oposición apoian á marcha reivindicativa dos traballadores de Ferroatlántica.
- 05-07-17: 75 traballadores de Ferroatlántica arrincaron a marcha reivindicativa a pé cara Compostela.
- 03-07-17: O Comité de Ferroatlántica insiste en que a solución ten que ser política.
- 29-07-17: O comité de empresa cre que é unha falta de respecto que Arteixo apoie o plan industrial de Ferroatlántica.
- 23-06-17: O Comité de Ferroatlántica presenta as alegacións á solicitude de segregación e venda
- 13-06-17: O BNG da Costa da Morte pide explicacións polas declaracións do alcalde Cabana sobre o caso Ferroatlántica.
- 12-06-17: Traballadores e traballadoras de Ferrotlántica emprenden unha marcha a pé dende Cee ata Santiago de Compostela
- 31-05-17: 8 de xullo, data da nova manifestación en Santiago contra a segregación de Ferroatlántica
- 26-05-17: A Deputación móllase por Ferroatlántica e polo galego
- 24-05-17: Ferroatlántica tamén presenta no BORME a segregación das centrais ante o silencio de Feijóo
- 22-05-17: En Marea cuantifica os beneficios que as centrais costeiras lle teñen xerado a Ferroatlántica.
- 19-05-16: Feijóo asegura ante os alcaldes da Costa da Morte que se cumprirá a lei no caso Ferroatlántica.
- 18-05-17: En Marea e BNG piden a comparecencia urxente do Comité de Ferroatlántica no Parlamento
- 17-05-17: A dirección de Ferroatlántica nega crédito horario a dous membros do Comité.
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-05-17: O BNG propón que os traballadores de Ferroatlántica expliquen as súa posición no Parlamento.
- 15-05-17: O Conselleiro de Industria recibirá este martes ao Comité de Ferroatlántica
- 12-05-17: O Comité de Ferroatlántica pide unha nova reunión coa Xunta e anuncia que volverá ás rúas.
- 12-05-17: Os socialistas esíxenlle á Xunta que impida a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 11-05-17: Ferroatlántica solicita a Augas de Galicia a segregación das actividades das fábricas de Cee e Dumbría.
- 11-05-17: O BNG reclámalle ao conselleiro de Industria unha reunión urxente cos traballodores de Ferroatlántica
- 07-05-17: Traballadores de Ferroatlántica visitan o #TramaBUS de Podemos
- 02-05-17: A precariedade e os postos de traballo de Ferroatlántica, protagonistas no Día do Traballo
- 30-04-17: A loita por Ferroatlántica centra a atención do Día do Traballador en Cee
- 16-04-17: A imputación de Villar Mir devolve o caso Ferroatlántica ao Parlamento
- 24-04-17: O BNG presiona a Feijóo para que paralice a venta das centrais de Ferroatlántica.
- 19-04-17: Malestar no Comité despois de que o director de Ferroatlántica responsabilizase aos traballadores do accidente
- 18-04-17: Tres traballadores de Ferroatlántica resultan feridos depois de incenciarse un forno na fábrica de Brens
- 05-04-17: O Comité de Empresa de Ferroatlántica reitera que non acudirá á reunión de hoxe convocada pola dirección
- 04-04-17: A CIG non asistirá á reunión convocada por Ferroatlántica por considerar que busca lexitimar a vendas das centrais
- 28-03-17: O Comité de Empresa de Ferroatlántica ve nas ameazas do presidente a “desesperación” da venta das centrais
- 24-03-17: O Comité de Ferroatlántica só falará coa Dirección cando renuncie á venda das centrais
- 17-03-17: O BNG pide que o goberno galego non acepte as “chantaxes” de Ferroatlántica.
- 14-03-17: O Comité de Ferroatlántica agradece o apoio social e asegura estar disposto a chegar ás últimas consecuencias
- 11-03-17: Demostración masiva de compromiso por Ferroatlántica.
- 10-03-17: Día de folga e manifestación por Ferroatlántica.
- 08-03-17: Un informe xurídico elaborado pola UDC avala que as actividades de Ferroatlántica non se poden segregar.
- 07-03-17: O comité de empresa recurre os servizos mínimos impostos por Ferroatlántica para a folga.
- 06-03-17: Os traballadores de Ferroatlántica chaman á cidadanía na semana da manifestación e da folga.
- 22-02-17: O caso Ferroatlántica volve ao pleno do Parlamento.
- 21-02-17: Os traballadores de Ferroaltántica volven a solicitar unha reunión co conselleiro de Economía
- 20-02-17: O Comité de Ferroatlántica avisa a Brookfield mentres Larrea segue presionando a través da prensa
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica.
- 15-02-17: O PSdeG presenta no Parlamento unha proposta non de lei para frear a venda de Ferroatlántica
- 14-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica non cren á Dirección e anuncian a folga
- 13-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica decidirán esta semana se van á folga.
- 10-02-17: O PSdG esixe á Xunta “transparencia e legalidade” no caso Ferroatlántica.
- 09-02-17: O Comité de Ferroatlántica segue mobilizándose polo futuro da comarca.
- 09-02-17: O BNG estuda solicitar a intervención da Fiscalía ante a venda anunciada das centrais do Xallas.
- 07-02-17: O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas
- 06-02-17: “Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”
- 02-02-17: Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas.
- 30-01-2017: A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos.
- 26-01-17: O Comité de Ferroatlántica avisa aos alcaldes que non se fíen da prensa.
- 16-01-17: Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o “non á venda das centrais”.
- 12-01-17: O Comité de Ferroatlántica retoma as mobilizacións.
- 19-12-16: O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016
- 23-12-16: Os traballadores de Ferroatlántica denuncian a campaña de mentiras que está a facer a empresa.
- 21-12-16: O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
Artigos relacionados
- As viuvas doentes de Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).