A XXVIII Mostra do Encaixe de Camariñas xa ten cartel, vídeo e protagonista



A Deputación da Coruña acolleu onte a presentación da XXVIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2018. A cita servíu para presentar a imaxe desta nova edición, da que será protagonista a actriz fisterrá Marta Lado.
Unha Mostra que continúa sendo o mellor exemplo galego da posta en valor dunha artesanía centenaria convertíndoa en peza de moda, en viva imaxe de modernidade, deseñor e futuro.
A presentación tamén contou coa presenza dunha delegación composta por unha trintena de palilleiras de Camariñas, que efectuaron unha demostración en vivo da súa arte.
Ao igual que o ano pasado, a achega da Deputación ascenderá a 120.000 euros, ademais de poñer a disposición a imprenta provincial para a elaboración dos carteis e o material promocional. Un apoio material cun valor superior aos 22.000 euros en cada edición da feira.
Proxección do vídeo promocional
No acto celebrado hoxe tamén se presentaron o cartel e o vídeo promocional da XXVIII edición da Mostra. O vídeo contou coa colaboración da deseñadora Sandra Lage, recoñecida polo uso do encaixe de Camariñas como sinal de identidade dos seus deseños. Baixo o lema “Camariñas, onde nace o encaixe”, a curtametraxe narra a historia da elaboración dun traxe de noiva percorrendo distintos espazos do concello de Camariñas, coma o faro do Cabo Vilán ou a praia de Arou, e contrapoñendo elementos modernos coma o deseño innovador do traxe, con outros tradicionais coma o velo herdado da avoa. Está presente así a importante transmisión xeracional desta arte, coa figura da pequena Andrea aprendendo a palillar con Angelita, unha das máis veteranas do concello.Novas relacionadas
- O encaixe de Camariñas protagoniza o billete de Lotería.
- Mostra 2017: Fieis ao Encaixe.
- Mostra 2017: A moda imponse na Mostra do Encaixe de Camariñas.
- Marzo 2017: O cartel da XXVII Mostra do Encaixe devólvenos á Camariñas de 1912.
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe, o Faro que alumea a comarca
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- A Mostra de Encaixe, unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)