Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Aberto o prazo para a feira medieval do "Encaixe no Camiño"

Cartel mercado Encaiex no Camino 2024
Aberto o prazo para a feira medieval do "Encaixe no Camiño"

Como cada ano dende o 2016 a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas volve artellar un dos eventos do verán na vila do encaie. 

Os próximos 19, 20 e 21 de xullo volve o evento “O Encaixe no Camiño”, unha feira medieval, que recrea o desembarco de Alfonso IX en Camariñas e da dama italiana que segundo a lenda ensinou a palillar.

Dende xa ata o domingo 14 de xullo ábrese o prazo de inscripción para todo aquel que queira ter un posto no mercado, que comezará o venres 19 de xullo ás 17:00 da tarde.

Poderán contactar no teléfono 647608158, 662488253 e no correo electrónico [email protected] para recibir máis información sobre a inscripción.

Comentarios